'O Luar' por primeira vez sen público pola COVID-19
As medidas sanitarias propostas pola Xunta da Galiza provocaron unha imaxe nunca antes vista no mítico programa galego cos asentos baleiros.
Trátase da primeira vez na historia do Luar, logo de 28 anos en antena e 1210 programas, que o show se emite sen público, unha imaxe nunca antes vista. As recomendacións sanitarias en relación ao coronavirus propiciaron esta situación sen precedentes. E é que estes días podemos comprobar como os programas, tanto a nivel nacional como estatal, deixan de ter asistentes co gallo de evitar contaxios provocados pola COVID-19 até que as circunstancias melloren.
Empezamos un programa inédito.
— Luar TVG (@luartvg) March 13, 2020
Por primeira vez, en 28 anos, sen público. Mais coa intención de acompañar da mellor maneira aos que estades na casa.
Benvid@s ao #luar1210 #QuedaNaCasa #Coidémonos pic.twitter.com/h4aYepSoDf
Nesta ocasión tan singular, o presentador Xosé Ramón Gayoso estivo acompañado precisamente polo doutor Juan Gestal, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública, para aclarar e resolver dúbidas ás e aos telespectadoras sobre o coronavirus e os "coronabulos". Nese contexto xurdiron preguntas tan curiosas como: "Por que compra a xente tanto papel hixiénico?" ás que o doutor Gestal foi dando resposta.
Nestes días cómpre estar ben informado para non caer no nerviosismo. Por iso convidamos ao Dr Juan Gestal, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública, para resolver dúbidas e desmontar #coronabulos
— Luar TVG (@luartvg) March 13, 2020
Facede preguntas por aquí ou chamando ao 981 81 90 73#covid19 #luar1210 pic.twitter.com/mOO3hbXXu1
#QuedaNaCasa é o cancelo para estar estes días sen saír.