fraude

"No sector cárnico estamos totalmente desamparados": a fraude dos 'falsos autónomos'
TRABALLO

"No sector cárnico estamos totalmente desamparados": a fraude dos 'falsos autónomos'

Entrevista a Luis, "falso autónomo" de #Servicarne, unha das "falsas cooperativas" contra as que a CIG desenvolve unha campaña desde hai meses. Máis de 2.000 persoas en Galiza sofren esta discriminación: sen horario fixo, sen salario mínimo, sen dereito a vacacións ou permisos nin a cobrar baixas, ritmos de produción salvaxes... Vídeo realizado pola CIG

Helicópteros
SOCIAL

O PP négase a auditar os helicópteros da Xunta contratados cunha empresa fraudulenta

O PSdeG lembra que a Audiencia Nacional condenou en marzo a compañía a devolver 6 millóns de euros a Facenda, ademais de máis de 3 millóns de euros de multa, por realizar “negocios xurídicos simulados”.

[Imaxe: Feijóo]
POLÍTICA

O PP impide que Feijóo dea explicacións no Parlamento sobre a fraude nos cursos de formación

A oposición reclamou a comparecencia do presidente ante a imputación de persoas próximas ao presidente e cargos da administración pública.

POLÍTICA

Deteñen o alcalde de Dozón por fraude

Alfonso Campos (PP) foi detido no marco da operación Qatedra que investiga  irregularidades en cursos de formación. 

Chama a participar na greve de mañá

A CIG-Saúde ve unha “fraude” a visita do conselleiro ao novo hospital de Vigo

Na véspera da greve de 24h no hospital de Vigo, a CIG-Saúde denuncia a “fraude” que representa a visita do novo conselleiro de Sanidade ao polémico centro hospitalario e demanda “novas políticas” que aposten na sanidade pública e non “novas caras”.

Xavier Vence
POLÍTICA

BNG chama fraude ao acordo de Anova, EU e Podemos e di que non estará nunha lista estatal

A candidatura de país non pode ter como obxectivo facer ministro a Pablo Iglesias. Así o afirmou esta quinta feira Xavier Vence.

boimorto
VOTARASE O VINDEIRO DíA 14

O goberno de Boimorto responsabiliza ao PP da moción de censura

A vindeiro día 14 votarase a moción de censura apoiada polos concelleiros do PP xunto cun tránsfuga que se presentara polo PSOE que botará abaixo o goberno presidido por Xosé Luís Rivas, Mini (BNG). O alcalde responsabiliza ao PP da que será a primeira moción despois do 24M, a menos de cen días das eleccións. 

Recurtes e fraude fiscal

Calquera persoa cunha mínima sensibilidade humana reaccionará diante da decisión do PP de non lle financiar o tratamento aos doentes da hepatite C.

Galiza

Novas probas confirmarían unha trama na fraude forestal da Costa da Morte

As probas caligráficas son un chanzo  máis no longo xuízo pola fraude das axudas forestais da Costa da Morte que ascende a cinco millóns de euros e implica a empresas e administración. 

Galiza

A Xunta subvencionará en 2015 a Fundación Camilo José Cela con 257 mil euros

A presidenta da fundación, Marina Castaño, está acusada de malversación. 

Galiza

O BNG pide unha Comisión de Investigación pola presunta fraude dos cursos de formación

A fraude ascendería a arredor de 20 millóns de euros en subsidios a cursos de formación profisional. O BNG compara o caso co dos EREs de Andalucía.

Baltar
POLÍTICA

A Deputación de Ourense deberá devolver 10 ME por fraude

Após ser investigada pola Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OELF), a institución terá de pagar os fondos europeos investidos nunhas depuradoras por "actos de fraude, corrupción ou outros actos ilegais". 

TRABALLO

Unha feira de emprego con 72 postos de traballo para máis de 263.000 parad@s

A CIG convoca unha concentración para denunciar o “carácter fraudulento e propagandístico” da Feira do Emprego de Galiza, Empregalia. Anuncian 72 postos de traballo. 

diñeiro-320
POLÍTICA

O BNG promove unha comisión de estudo da fraude fiscal no Parlamento

Catro  veces menos é o que tributan as grandes empresas fronte ás pequenas. O BNG impulsará unha comisión de estudo da fraude fiscal e preguntaralle ao Ministerio de Facenda sobre a tributación real das grandes empresas.

Um século de fraude eleitoral na Galiza

Uma opinião profusamente estendida e fomentada dentro e fora da Galiza, é a de que «as pessoas galegas votamos ao PP», que «votamos MACIÇAMENTE ao PP» e mesmo que «votamos TODAS ao PP», o dito «voto CONSERVADOR dos galegos». Veu-me à cabeça a acusação que se nos fizera em Astúrias a três adolescentes galegos de 14 anos: «los gallegos sois TODOS franquistas». 

ECONOMÍA

Imputada por fraude e estafa a antiga cúpula do Banco Pastor

Declararán perante o xulgado de instrución nº3 da Coruña no marco da investigación dunha querela interporta por unha persoa particular, pequen@ accionista, en 2011.

ECONOMÍA

O 72% da fraude fiscal corresponde a grandes fortunas e grandes empresas

O Estado español deixa de recadar 42.000 millóns de euros anuais por esas evasións. @s técnicos de Facenda propoñen especial combate contra esta fraude.

xiomara_castro
INTERNACIONAL

Sospeitas de fraude en Honduras

A candidata do Partido Libre, que conta co apoio da Fronte Nacional de Resistencia Popular, non recoñece os resultados oficiais e chama a defender a vitoria que di ter colleitado nos comicios. Após o golpe de Estado patrocinado polos EUA contra o seu compañeiro e ex-presidente, Manuel Zelaya, Xiomara Castro amosouse disposta a "defender o triunfo en calquera trincheira".

diego
CULTURA

Diego Ameixeiras novela a fraude das preferentes en “Matarte Lentamente”

“Aquí vai haber sangue” di un prefrentista na xuntanza na que un avogado explica que as preferentes son emisións perpetuas. Diego Ameixeiras volve á actualidade para novelar unha loita que aínda esta fin de semana protagonizaba unha multitudinaria manifestación. Matarte lentamente é unha das novidades de outono en Xerais. 

Manifestación d@s afectad@s polas preferentes en Vigo
ECONOMÍA

CNMV constatou xa en 2011 que a venda das preferentes era unha fraude, e calou

Un informe interno da Comisión Nacional do Mercado de Valores apunta que xa hai dous anos tiña coñecemento de que na venda de preferentes e subordinadas as entidades empregaban “malas praxis”.