BNG e Gestha piden que se incrementen os medios para investigar ás grandes empresas

Catro  veces menos é o que tributan as grandes empresas fronte ás pequenas. O BNG impulsará unha comisión de estudo da fraude fiscal e preguntaralle ao Ministerio de Facenda sobre a tributación real das grandes empresas.

diñeiro-320
photo_camera diñeiro-320

Nunha roda de prensa conxunta, Xavier Vence e Carlos Cruzado, do sindicato de técnic@s de facenda (Gestha), criticaron a falta de medios para investigar ás grandes empresas e fortunas. Os datos nos que se apoiaron amosan que as grandes empresas só tributan un 3,5% do tipo efectivo fronte a un 14-15%, sobre beneficio contábel, das pemes.

Tanto Vence coma Criado reclamaron un sistema fiscal máis reivindicativos e fixeron referencia a datos estatísticos que amosan que máis do 90 por cento da poboación considera inxusto o modelo de tributación.  "Existe un ambiente social que favorece a fraude", afirmou Vence.

En Galiza, segundo os datos da Gestha, a fraude fiscal  acada os  14.100 millóns e é un punto maior ca no Estado: un 25,6%por cento fronte ao 24,6% no Estado.  En só catro anos, a fraude fiscal incrementouse en 60.000 millóns no Estado, case seis puntos (un incremento similar ao de Galiza).

Tanto Vence como Cruzado coincidiron na necesidade de mellorar os medios humanos e poñer o foco nas grandes empresas e fortunas, fronte á liña de actuación actual, centrada en controlar aquelas que xa están controladas. O presidente do Gestha aludiu  aos nomeamentos a dedo da Axencia Tributaria como mostra de que non se estaba a ir por ese camiño.

Comentarios