"FALAN DE PARTICIPACIóN, PERO PACTAN POR ARRIBA EN REUNIóNS DE DESPACHO"

BNG ve "desleal" coa cidadanía o acordo "entre cúpulas" de Podemos, Anova e EU

O Bloque saíu ao paso da alianza entre Anova, Podemos e EU e, através dun comunicado, criticou que o acordo primeiro fose "negociado por arriba entre cúpulas de partidos" e logo fose "difundido pola dirección de Podemos desde Madrid".

Consello Nacional
photo_camera Consello Nacional

O BNG emitiu esta tarde un comunicado con 6 pontos en relación ao principio de acordo alcanzado por Anova, Podemos e Esquerda Unida, acordo que foi dado a coñecer en primeira instancia por Martiño Noriega nunha entrevista na Radio Galega. A dirección de Anova, en declaracións con Sermos, viría a precisar aínda máis o contido das declaracións do seu co-portavoz nacional.

A formación frentista acha que o "preacordo entre cúpulas" representa unha "deslealdade con todas as persoas que están a participar de boa fe" nas conversas para materializar unha candidatura galega de unidade para o Congreso.

O BNG irá a asemblea da IxU o próximo domingo co obxectivo de lograr un "grande acordo a favor dunha candidatura galega de unidade, aberta, plural e sen exclusión algunha"

"Un acordo como o anunciado implicaría un engano á cidadanía por parte de forzas políticas que falan de participación e de espazos de confluencia desde a base, pero que despois pactan por arriba en reunións de despacho", afirma o BNG.

Aliás, o Bloque manifesta a súa disposición a continuar "sumando esforzos con todas as forzas políticas" e "sen exclusión algunha" e, destarte, anuncia a súa participación na asemblea convocada pola Iniciativa pola Unión o domingo 27 de setembro

O BNG ten fundadas esperanzas de que da asemblea da IxU saia "un grande acordo a favor dunha candidatura galega de unidade, aberta, plural e sen exclusión algunha".

Comentarios