Imputada por fraude e estafa a antiga cúpula do Banco Pastor

Declararán perante o xulgado de instrución nº3 da Coruña no marco da investigación dunha querela interporta por unha persoa particular, pequen@ accionista, en 2011.


O ex presidente do consello de administración do Banco Pastor, José María Arias, e o ex conselleiro delegado Jorge Gost, foron imputados polos delitos de administración fraudulenta, falsidade de documento mercantil e societario e estafa.

Así o informou nunha nota enviada aos medios de comunicación o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, sinalando que é o xulgado de instrución nº 3 quen se ocupa desta causa, aberta após unha querela presentada por unha persoa particular, pequen@ accionista, en 2011.

Os feitos que denunciou na querela interposta terían acontecido entre 2008 e 2010, cando o banco encetou a actividade inmobiliaria. O texto da denuncia fala de "trama financeira" articulada a través de sociedades das cales o Pastor sería propietario e que se encargaban de "falsear as contas".

Como proba achegou informes económicos en que se demostraría que, no seu balance, o banco ocultaba as súas perdas en até sete empresas inmobiliarias da súa propiedade para ocultar unha situación que, segundo @ querelante, era de quebra legal. 

Comentarios