“O feito de que durante a visita do novo conselleiro non se produza o anuncio do rescate da concesión e o remate do modelo sanitario do PP, coa introdución do que eles chaman colaboración publico/privada, parécenos unha fraude”, sinala CIG-Saúde en relación á recente visita do novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ao hospital vigués.
A CIG carga ademais contra o “descrédito e deslixitimación” dalgúns xefes de servizo tras o seu apoio a este modelo de hospital e a como se fixo o traslado e logo do plantón á Xunta de Persoal, máximo órgano de representación das traballadoras.
A CIG-Saúde aproveita para chamar as e aos traballadores dos hospitais vigueses a secundar masivamente a greve desta terza feira, 13 de outubro, e a se concentraren ás portas dos hospitais, así como a se concentraren ás 12h e ás 18h de mañá diante do novo hospital.