En Marea

Luís Villares, Ana Seijas e Davide Rodríguez no Parlamento.
Eleccións á Xunta

En Marea chama a unha "concentración parcelaria" da esquerda

O líder de En Marea, Luís Villares, expresou esta quinta feira o seu "desexo político" de "acumular forzas en clave progresista para a defensa da Galiza" a través dunha fórmula que definiu como "concentración parcelaria das forzas de esquerda".

 

CVillares Foco
POLÍTICA

En Marea insta BNG e Anova a negociar unha candidatura unitaria "nacional e progresista" para as eleccións de 2020

Villares cre que Esquerda Unida e Podemos "só queren que Anova dea un verniz galego" á súa coalición para esa cita coas urnas.

David Rodríguez, deputado do Grupo Mixto. (En Marea)
POLÍTICA

David Rodríguez reclama máis investimento para o plan de xestión da Ribeira Sacra, O Iribio e O Courel

En Marea presentou no Parlamento de Galicia unha proposta para que a candidatura a declaración de reserva da biosfera da Ribeira Sacra e as Serras do Iribio e Courel teña respaldo tanto no económico como na acción de preservación dos territorios desde o punto de vista natural. 
Luís Villares
Axenda galega

Villares reclama que o acordo responda ás emerxencias da Galiza

O portavoz de En Marea demanda a PSOE e Unidas Podemos que poñan en marcha políticas para afrontar «as tres emerxencias» que afronta a Galiza: a feminista, a climática e a social. Tamén lles demanda compromisos cunha «axenda galega» que se reflictan nos orzamentos de 2020.

En Marea
POLÍTICA

En Marea, que non concorreu o 10N, pide un goberno “progresista”

Emprazan as forzas “progresistas” galegas a unha “reflexión honesta” para construír unha “alternativa” que gañe a Feixoo

Rolda de prensa CIG-Xustiza, BNG e En Marea no Parlamento (CIG)
TRABALLO

Demandan garda de 24 horas nos xulgados da Coruña e Vigo

CIG-Xustiza, BNG e En Marea realizan unha petición conxunta no Parlamento galego para que a Xunta de Galiza emita o informe necesario para modificar o sistema de gardas en ambas cidades. 

 

villares morte digna 2
POLÍTICA

En Marea impulsa a despenalización da eutanasia e o suicidio asistido

A formación de Luís Villares promove unha xornada de reflexión no Parlamento de Galiza para afondar na necesidade de ampliar dereitos fundamentais que melloren a calidade de vida da cidadanía. O debate, aberto á cidadanía e a todos os grupos políticos, terá lugar esta sexta feita, día 18. Estará moderado polo voceiro de En Marea e contará coa participación de Ascensión Cambrón, presidenta da Asociación polo Dereito a Morrer Dignamente, Xosé Lois Vilar, veciño de Ramón Sampedro e activista, e a médica do Servizo Galego de Saúde, Isabel Blanco.
Luís Villares
Luís Villares, líder de En Marea

“Na aposta confederal fallou a comprensión da plurinacionalidade; aquí, entre as forzas galegas, fallou a vontade política”

Luís Villares Naveira (Lugo, 1978) vive os momentos políticos máis delicados da súa curta carreira política. O seu partido, En Marea, acaba de renunciar a competir nas estatais do 10-N. No Parlamento, o propio Villares cedeu o seu papel como antagonista de Feixoo. A menos dun ano das galegas de 2020, conta que no partido están preparando o discurso, que as persoas encargadas de defendelo non son importantes. Dio como aconsella a prudencia, pero sen moita convicción. O futuro está no ar moito máis do que estivo nunca para el.
Xoan Hermida, Errejón
POLÍTICA

Xoán Hermida súmase ao proxecto de Errejón

Xoán Hermida, dirixente da Marea de Pontevedra e unha das referencias da formación a nivel nacional, anunciou, a través das súas redes sociais, a participación nas primarias de Máis País para escoller os candidatos desta formación pola circunscrición de Pontevedra.

Pancho Casal (En Marea).
POLÍTICA

En Marea pide o voto para candidaturas "que defendan unha axenda galega"

O partido de Luís Villares non concorrerá aos comicios estatais do 10 de novembro.
CVillares Foco
POLÍTICA

En Marea desbota concorrer ás eleccións estatais do 10N

Lamenta a “falta de vontade de acordo nas forzas progresistas e galegas” para presentar unha candidatura unitaria. A renuncia dos de Villares súmase á decisión de Anova de non concorrer a estes comicios xerais do 10 de novembro.

PROCESO CRIBADO ERIMSA 1
A explotación de cuarzo fora considerada prexudicial polo Goberno

BNG e En Marea cuestionan o cambio de criterio da Xunta a respecto de Erimsa

A rede de plataformas medioambientais Salvemos Ordes denuncia que se aprobase o proxecto de explotación de cuarzo de Erimsa nos concellos de Frades e Mesía, cando a propia Dirección Xeral de Agricultura sinalara os "impactos negativos" sobre a economía local. A área afectada abrangue ao redor 200 explotacións e dá traballo a case 500 persoas.
CVillares Foco
POLÍTICA

En Marea descarta a alianza con Errejón

O Consello das Mareas vén de desbotar unha alianza con Más País, o partido de Íñigo Errejón, de cara ás eleccións do 10 de novembro. O partido sinala que a decisión de non concorrer cos madrileños ten a ver coas “dificultades atopadas para que Más País asumise unha auténtica axenda galega”.

villares casal
POLÍTICA

En Marea espera concorrer ás eleccións xerais na plataforma de Errejón

O deputado Pancho Casal confirmou esta quinta feira os contactos de En Marea con Más Madrid, o partido de Íñigo Errejón, que está promovendo unha plataforma (Más País) en distintas circunscricións do Estado para concorrer ás eleccións xerais de novembro. Na Galiza, Más País presentarase, no mínimo, polas circunscricións da Coruña e Pontevedra.
Pancho Casal (En Marea).
POLÍTICA

As “emerxencias” climática, social e feminista centran as propostas do Grupo Mixto

O deputado Pancho Casal presentou as 40 propostas de resolución neste debate do estado da nación e que abranguen desde a necesidade dunha estratexia perante o Brexit até un acordo social galego perante a mudanza climática.

luis villares debate
Debate do Estado da Nación

Luis Villares: “Temos un goberno de cartón pedra”

O portavoz do grupo mixto acusou Feixoo de converter o debate do estado de nación nun acto de precampaña, reprochándolle que se limite a acusar o goberno socialista en Madrid do que vai mal na Galiza.

[Imaxe: En Marea] Rolda de prensa posterior ao Consello das Mareas en Compostela este sábado.
POLÍTICA

En Marea pide formar unha candidatura galega para as eleccións do 10N

En Marea fará un chamamento a todas as forzas políticas e sociais galegas “para formar unha ampla alianza política galega, progresista e responsábel que facilite un goberno de esquerdas”.
unnamed
Parlamento

"Non é un cambio de proxecto", di Lago; e Villares replica: "Mellor chamarse directamente Podemos"

Presentouse o novo nome e a estrutura organizativa do grupo parlamentario "que dará continuidade á tradición da unidade popular, que até agora se denominaba Grupo Parlamentario En Marea".

 

solla e lago
Parlamento

Común da Esquerda, o novo nome do grupo parlamentar de Unidas Podemos, EU e Anova

Terá tres portavocías non rotatorias que ocuparán Manuel Lago (EU), Antón Sánchez (Anova) e Luca Chao (Podemos).
luís villares
Rolda de prensa no Parlamento

Villares denuncia “a chantaxe cruzada” entre o PP e o PSOE no bloqueo do financiamento