eléctricas

Encoro de Belesar, entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Un fondo emiratí busca facerse con Naturgy e os seus recursos naturais na Galiza

A suspensión en bolsa esta cuarta feira da cotización de Naturgy visibilizou as negociacións de venda desta empresa a un fondo de Abu Dhabi. As conversas, confirmadas por ambas as dúas partes terán consecuencias na Galiza onde a multinacional é a segunda produtora hidráulica e a terceira xeradora de enerxía eólica.
Hidraúlica_p3
ECONOMÍA

As eléctricas obtiveron dos ríos galegos beneficios de 3.522 millóns entre 2013 e 2022

A Galiza ten un papel central na enerxía hidráulica, cunha potencia instalada de 3.738 megawatts, que representa 24% da electricidade desta orixe xerada no Estado. Precisamente, as compañías eléctricas obtiveron na última década dos ríos galegos uns beneficios de 3.522 millóns.

Ignacio Sánchez Galán, nunha Xunta de Accionistas de Iberdrola (Foto: Europa Press).
Xustiza

Por que Iberdrola e catro directivos da empresa son sometidos a xuízo na Audiencia Nacional?

O presunto quebranto da compañia comezou a ser xulgado esta terza feira.
Parque eólico operativo en Esgos, na comarca de Ourense (Foto: Agostime / Europa Press).
ECONOMÍA

As empresas eólicas ingresaron na Galiza 1.989 millóns en 2022

As compañía eléctricas con actividade na Galiza obtiveron en 2022 uns ingresos de 1.989,6 millóns de euros. A maior facturación correspondeuse cos meses de marzo con 252,4 millóns de euros, outubro con 188,4 millóns de euros, xaneiro con 165,2 millóns de euros e decembro con 163,4 millóns de euros
Sesión plenaria do Parlamento europeo na sede de Estrasburgo, Francia (Foto: Philipp von Ditfurth / DPA).
ECONOMÍA

A Eurocámara apoia unha reforma do mercado eléctrico que prohiba os cortes de luz

A reforma do mercado eléctrico obtivo o respaldo de 55 eurodeputados, mentres que outros 15 votaron en contra e dous abstivéronse.
Marta Fernández Currás, na súa etapa de secretaria de Estado de Orzamentos con Mariano Raxoi (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A ex conselleira Marta Fernández Currás ficha pola eléctrica de Luis de Valdivia

Ábrense novas portas xiratorias no negocio eólico na Galiza. A enerxética coruñesa Ecoener anunciou esta sexta feira a incorporación ao seu consello de administración da antiga titular de Facenda de Núñez Feixoo, Marta Fernández Currás. A ex conselleira segue así o camiño doutros responsábeis da Xunta con cargos directivos nas compañías eléctricas. 
Parque eólico en Dumbría, na comarca de Fisterra (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O Estado subvenciona as eléctricas con 7.000 millóns de euros por xerar enerxía renovábel

O proceso de desenvolvemento das enerxías renovábeis no Estado estivo impulsado polos subsidios públicos. Neste sentido, toda a produción eléctrica de orixe renovábel instalada con anterioridade a 2018 recibe primas do Goberno do Estado, recadadas a través da factura eléctrica.

A ministra española de Facenda, María Jesús Montero, esta terza feira.
ECONOMÍA

Facenda descarta impor un imposto especial a cadeas de supermercados

A banca e as enerxéticas pagaron 1.454 millóns polos novos impostos.
O Goberno español cifraba, en 2022, en ao redor de 140.000 os fogares que na Galiza padecían pobreza enerxética. (Foto: A. S.)
star
SOCIAL

A Xunta deixa persoas en risco de exclusión social indefensas ante as enerxéticas

Unha "mala xestión", segundo a propia cualificación dun traballador da Administración galega, das axudas AUXS para evitar cortes da luz provoca que beneficiarias das mesmas, persoas en risco de exclusión social, padezan unha situación de "indefensión" ante as empresas enerxéticas.