Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Unha maré plural, con EH Bildu, o PNV, Elkarrekin Podemos, EH Bai, EELV e CUP, entre outros, participou na masiva manifestación que demandou na tarde do sábado compromisos políticos para solucionar a situación das presas e presos vascos.
Un total de 201,9 quilómetros de cadea humana. Trátase do maior desafío do colectivo Gure Esku Dago, que convocou milleiros de persoas a unir no domingo Donostia, Bilbo e Gasteiz polo dereito a decidir.
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística fala do 'Protocolo de Donostia'. Na Rede Galega de VideoBlogues de Nós TV
Pilar García Negro, profesora da UDC, vén de participar nas últimas reunións que tiveron lugar arredor do Protocolo de Donostia, ao que achegou, no seo do comité científico, os coñecementos da súa especialidade en materia de sociolingüística e dereitos das persoas utentes de linguas minorizadas. Nesta conversa, fornécenos das claves do documento, que será presentado o 17 de decembro.
A cultura e a lingua galegas participan da man da Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización no programa Donostia 2016, Capital Europea da Cultura, cun proxecto arredor da diversidade lingüística. As realidades de Gales, Escocia, Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco son, canda Galiza, protagonistas da iniciativa.
Tiven a fortuna de participar hai uns días no Galeúsca de Editores en Donosti acompañado de Luz Picos (da AGE), Antón Lado (2.0. Editora) e Quique Alvarellos (de Alvarellos Editora). Coma sempre, aprendín un mundo de cousas. Coma sempre, saín nutrido de ideas, coa memoria chea de boas lembranzas e co corazón aínda máis disposto a seguir enchéndose de entusiasmo arredor deste traballo da cultura en lingua galega, fermoso e necesario.
A formación catalá decidiu non formar parte de ningunha candidatura, pero por medio do seu voceiro David Fernández estarán hoxe nun acto xunto a Josu Juaristi (Bildu) e Xavier Campos (BNG), en Donostia.
Tirán, en categoría masculina, e Mecos, en feminina, son as dúas traiñeiras galegas que conquistaron un posto na regata da Kontxa, a proba por antonomasia do banco fixo e que este ano chega á súa 118 edición. 26 vogador@s (13 por traiña) dispostos a facer un bo papel
O concello difundirá o lema “Non é Non” para evitar unha violencia que adoita aumentar durante a Semana Grande que comeza este sábado. A campaña estenderase durante todo o verán.
Até 20 furgonetas de antidisturbios rodearon o Boulevard donostiarra para deter a estes moz@s, condenados polo Tribunal Supremo a penas de até 8 anos de prisión por militar en Segi, a extinta organización xuvenil da esquerda abertzale. Testemuñas presenciais denuncian ameazas e agresións dos antidisturbios contra os e as centos de solidarias que arrouparon a estes militantes