mércores 26/01/22

O festival e Cinema de Donostia seleccionou O que arde de Oliver Laxe como un dos filmes que competirán polo ¡ Premio do Público. A nova edición deste prestixioso certame internacional terá lugar entre o 20 e o 28 de setembro. O que arde proxectarase no marco da sección Perlak, onde competirá con traballos de Bong Joon Ho, Ken Loach, Nakache e Toledano e Wang Xiaoshuai..

Ademais, Eloy Enciso e a súa película Longa Noite estarán no festival de cinema de Locarno, onde será a única produción estatal en competición oficial. No mesmo festival participa tamén Carne, documental animado que coproduce a empresa galega Abano.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Oliver Laxe competirá polo Premio do Público do Festival de Donostia
comentarios