Un muro humano de centos de persoas protexeu día e noite en Donosti a 8 moz@s condenad@s polo TS

Até 20 furgonetas de antidisturbios rodearon o Boulevard donostiarra para deter a estes moz@s, condenados polo Tribunal Supremo a penas de até 8 anos de prisión por militar en Segi, a extinta organización xuvenil da esquerda abertzale. Testemuñas presenciais denuncian ameazas e agresións dos antidisturbios contra os e as centos de solidarias que arrouparon a estes militantes

euskadi

O martes, o Tribunal Supremo condenaba a oito moz@s de Euskal Herria a penas de até oito anos de prisión pola súa militancia en Segi, a que fora a organización xuvenil da esquerda abertzale e ilegalizada polo goberno español baixo a teoría garzoniana de 'todo es ETA'.

Foi coñecerse a sentencia do TS e porse en marcha un impresionante movemento de solidariedade para con estes moz@s, movemento que se concretou no denominado Aske Gunea, que estes días se desenvolve no Boulevard de Donisti.

"Es unha zorra. Habería que violarvos a todas" ou "Libras porque hai cámaras mais ímosche partir a cara a hostias" son algunhas das frases dos antidisturbios aos e ás concentradas

Alí existe estes días un campemento de solidariedade contra a represión. Son centos e centos de persoas as que están alí día e noite, as 24 horas do día, convivindo con estes moz@s condenados para evitar que sexan detidos.

A Ertzaintza xa fixo acto de presencia (a terza de madrugada) en dúas ocasións para prender aos mozos e mozas condenados, mais optou por se retirar perante a solidariedade das por volta de 1.500 persoas que todas as noites dormen no Boulevard, rodeando e arroupando a estes xóvenes

#resist8

Mocidade vasca, adiante. Este é un dos lemas desa acampada, por onde pasan ao longo destes días milleiros de cidadáns, para alén de rostros coñecidos da política, cultura... vasca.

Esta madrugada, por volta de 20 furgonetas de antidisturbios da Ertzaintza rodean o Boulevard. Son centos de beltzas (antidisturbios) dispostos a deter aos mozos condenados. O primeiro que fixeron foi expulsar aos xornalistas. Despois, retirar un a un aos centos de solidarios concentrados, con ameazas, insultos e agresións, segundo se está a contar nas redes sociais.

Pódese seguir o minuto a minuto do que está a acontecernos HT #resist8  #HerriHarresia  #askegunea

Comentarios