Os concellos exixen a derrogación da 'Lei Montoro' para dispor dos seus cartos
Os concellos exixen poder mobilizar os seus cartos para facer fronte á COVID-19
Llarena podería forzar Montoro a un careo co xefe da UCO sobre a malversación de Puigdemont
Continúa a presión do xuíz do Supremo sobre o ministro de Facenda. Montoro ten debilitado a acusación contra Puigdemont por malversación ao afirmar que non se destinou nen un euro público á realización do referendo do 1 de outubro. A tese da Garda Civil, en troca, respalda Llarena. O xuíz estuda un careo entre o ministro e o xefe da UCO.
O Estado español, incapaz de achegar probas que demostren a malversación de Puigdemont
Segundo a fiscalía, o ex president tería desviado ilegalmente fundos públicos por valor de 1,6 millóns de euros para realizar o referendo. Esa acusación foi comprada polo xuíz Llarena para edificar o seu caso de malversación contra Puigdemont. Mais as probas que exixe Alemaña para proceder á entrega do político de Girona non aparecen por ningures.
Os orzamentos do Estado colocan Galiza outra vez por debaixo dos mil millóns de euros
Feijóo opta á sucesión de Rajoy, mais non fai valer o seu suposto peso político na repartición da tarta orzamental. Iso é o que se tira dos números grosos das contas estatais na súa plasmación territorial, que foron apresentadas esta terza feira por Montoro.
Montoro dá por suposto que non haberá acordo orzamental con Cs
Resta dramatismo ao desacordo e abre un cenario inédito: chegar a final de lexislatura coa actualización, vía decreto lei, dos orzamentos de 2017.
Montoro esclarece que nunca falou de quita, senón de "reestruturación"
Afirma que as comunidades autónomas puideron aforrar "moito en forma de intereses" ao se financiaren cos mecanismos públicos -o FLA e o FFF. A Xunta optou por non acudir apenas a eses fundos, indo a mercados privados co conseguinte sobrecusto para as arcas públicas galegas.
Feijóo apresenta como logro o que xa era a proposta inicial de Montoro
Cimeira gastronómica en Génova da cúpula do PP. Rajoy, Cifuentes -sinalada esta segunda feira por Francisco Granados como corresponsábel do financiamento ilegal do partido en Madrid-, o resto dos presidentes autonómicos, o ministro de Facenda, a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, a secretaria xeral do partido, Dolores de Cospedal. Feijóo lanzou ao final do xantar de traballo un titular con aroma de triunfo persoal: "Non haberá quita da débeda das comunidades autónomas". Pírrico triunfo, esa exactamente é a posición que fixou Montoro na súa comparecencia no Congreso o 1 de febreiro.
Montoro toma o control dos pagamentos da Generalitat para evitar “actividades ilegais”
O ministro anuncia que o executivo español "substitúe na maioría dos pagamentos esenciais" o Govern.
Monedero ataca a Montoro e nega que usase artificios para pagar menos a Facenda
Monedero voltou ao primeiro plano nunha conferencia de imprensa multitudinaria e marcada por un monumental retraso: convocada ás 13.30, o número 3 de Podemos compareceu perante as xornalistas por volta das 14.40.
O BNG pide a comparecencia de Montoro polo “non” da UE ao dique flotante
A deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez solicitou hoxe a comparecencia do ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, e dos presidentes da SEPI.