Montoro di agora que "o goberno non descarta nada" a respeito do dique flotante

O ministro de Economía, Cristóbal Montoro, a preguntas do BNG sobre o dique flotante, afirma no Congreso que "non descarta nada". Un malabarismo dialéctico que os feitos contradin, lémbranlle os nacionalistas.
Cristóbal Montoro
photo_camera Cristóbal Montoro

Após de anunciar a SEPI que non se construirá o dique flotante en Navantia Ferrol, a pregunta da deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez ao Ministro de Economía foi clara: “por qué razón descartaron a construcción do dique?”. Cristóbal Montoro, sinalan os nacionalistas, "decidiu botar mán da ambigüedade nunha calculada oratoria na que non mencionou o dique en ningún momento: “O Goberno non descartou nada. Estamos traballando con forza e intensidade para que Navantia sexa competitiva”.

A deputada do BNG acusou ao PP de “enganar á cidadanía galega na campaña electoral cando prometeu a construcción do dique flotante na Ría de Ferrol. Tomaron a decisión política de enganarnos porque foi a promesa estrela de Feijoó”.

"Xogar coa cidadanía"

Aliás, reprochou ao Ministro que “utilizasen esas promesas e incluso se atrevesen a tildarnos de anti patriotas aos que cuestionamos e desconfiamos da súas palabra”. Criticou que “nos fixeran perder o tempo creando unha Comisión de Estudo para a viabilidade do dique, coñecendo de sobra o veto da UE”.

“Só pasaron tres meses das eleccións galegas, e agora a SEPI anuncia o que xa o BNG sospeitaba na campaña, non haberá dique flotante. Rematan coas ilusións de miles de traballadores angustiados polo seu futuro, desentendéndose agora de todo”, enfatizou Rosana Pérez.

Comentarios