Moi por debaixo do promedio estatal

Os orzamentos do Estado colocan Galiza outra vez por debaixo dos mil millóns de euros

Feijóo opta á sucesión de Rajoy, mais non fai valer o seu suposto peso político na repartición da tarta orzamental. Iso é o que se tira dos números grosos das contas estatais na súa plasmación territorial, que foron apresentadas esta terza feira por Montoro.

Montoro
photo_camera Montoro, con Feijóo nun encontro en febreiro deste 2018

Raramente veñen boas noticias da Moncloa para o candidato Feijóo. Esta vez tampouco foi a excepción. Os fondos destinados a Galiza no proxecto de orzamentos que Montoro entregou esta mañá á presidenta do Congreso, Ana Pastor, aumentan só 1,2 por cento a respeito de 2017. É un incremento moi inferior ao promedio estatal: os fondos a gastar nas distintas 'rexións' aumentan en 17 por cento.

O incremento en valores absolutos sobre 2017 é pírrico, só 12 millóns de euros, até totalizar 936,7 millóns. O retroceso a respeito de 2016 -daquela foron orzamentados 1.363,9- é brutal. É o segundo ano consecutivo en que Galiza non alcanza os mil millóns de euros nas contas estatais.

O aumento do 1,2 por cento de Galiza contrasta poderosamente coas subas experimentadas por outras comunidades: Castela-A Mancha (37,5%), Cantabria (36%), Euskadi (33,4%), Andalucía (27%), Estremadura (27%), Madrid (24%) ou Catalunya (17,3%).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios