Chan da Pólvora celebra a súa festa de aniversario en Compostela
A simulación do real no novo libro de Antón Reixa
A peregrinaxe de Anne Carson a Compostela: unha realidade case perfecta
A lingua de Ons e o orgullo de ser
Lecturas, relecturas e interpretacións dun clásico
Chan da Pólvora celebra seis anos de vida reabrindo a súa Horta das Chas
O rexurdimento de Anxo Angueira
A poesía da Nobel americana Louise Glück poderá lerse en galego
A luz da escuridade
Publican textos inéditos do Lois Pereiro "observador, sorprendido, divertido, sempre curioso..."
Unha cotiandade de asfalto e coiro
"Intemperiadas", creación ao vivo na busca do diálogo con Xela Arias
Menchu Lamas: "Desde algunhas instancias vese con bos ollos a anulación do pensamento"
Menchu Lamas posúe unha longa traxectoria artística que se remonta á década de 1970, na que participou –moitas veces como única muller do grupo– en varias iniciativas pioneiras nas artes plásticas galegas. Hoxe é un referente indiscutíbel que contribuíu de maneira decisiva a colocar a creación galega no mapa internacional. A publicación de nós outras, un libro realizado con Marica Campo, concibido para crear estratexias contra a marxinación e o acoso escolar, e editado por Chan da Pólvora, dános a ocasión para repasar algúns dos elementos chave da súa obra.
Ana Romaní: "O acto de radical rebeldía é abrir os labios"
Organismos exhaustos. Sometidos ao control, aos "mecanismos diarios de vixilancia e de explotación". Corpos expulsados. Vidas fronteirizas, excéntricas, expulsadas dos centros de poder. Consideradas refugallo, resto. Son os protagonistas de A desvértebra, (Chan da Pólvora), o libro que representa a volta de Ana Romaní á poesía tras dez anos de silencio. Atravesan esta obra, tamén, as alianzas contra o "ecocidio" e a orde patriarcal. O saberse "liques", "corais", organismos codependentes dispostos a resistir as estratexias de dominio.