Centro Dramático Galego

manuel_lourenzo_aelg-3_0
Manuel Lourenzo ao fronte de GrupoDramaturXa

Criación teatral arredor do país

Reflexionar sobre a identidade galega en chave teatral. Ese é o obxectivo do primeiro Grupo DramaturXa, unha experiencia en que dez autoras e autores desenvolverán cadansúa peza teatral a partir do traballo individual e colectivo. Das obras resultantes, tres han de ser escollidas para levar a escena en produción propia do Centro Dramático Galego, impulsor da iniciativa xunto coa Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA.

osmortosdaquelveran
CULTURA

Talía leva a escena a novela de Casares 'Os mortos daquel verán'

Talía Teatro e o Centro Dramático Galego celebrarán o Día das Letras Galegas cunha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, 'Os mortos daquel verán'. 

martesdecarnaval
CULTURA

Chega a estrea de 'Martes de Carnaval', o Valle do CDG

Despois d'A cabeza do Dragón' de Quico Cadaval, que esconxurou cun grande éxito o malfado do teatro galego con Valle-Inclán, o CDG estrea esta quinta feira no Salón Teatro 'Martes de Carnaval', a súa aposta polo clásico arousán que dirixe Marta Pazos. 

fefanoia-peq
CULTURA

A directora do CDG retruca as duras críticas de Eduardo Alonso

Fefa Noia, a directora do Centro Dramático Galego, vén de publicar un artigo no que resposta as críticas sobre a súa xestión verquidas nunha entrevista concedida a Sermos. 

Escollemos seguir adiante

Quico Cadaval.
Entrevistamos Quico Cadaval

"O Centro Dramático Galego é unha aparencia, porque non ten autonomía artística"

Quico Cadaval (Ribeira, 1970) vén de encher o Teatro Principal de Santiago durante tres días con A cabeza do dragón (Producións Teatráis Excéntricas), a primeira obra de Valle Inclán adaptada ao galego. Ten por diante unha intensa xira que levará o espectáculo por cidades e vilas do país e por Portugal. A acollida resultoulle satisfactoria. Admite estar aínda “esperando críticas". 

Eduardo Alonso, autor de 'As damas de Ferrol'.
EDUARDO ALONSO, DIRECTOR E DRAMATURGO

"O CDG é case case irrecuperable"

Foi o primeiro director do Centro Dramático Galego (CDG), dirixe desde hai 30 anos -canda Luma Gómez- Teatro do Noroeste e leva máis de 40 anos no mundo do teatro. Por todo iso e máis, Eduardo Alonso (Vigo, 1948) foi merecente do Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. 

Centro Dramático Galego
CULTURA

A Asociación de actores cuestiona o procedemento de selección da Agadic para a nova producción do CDG

A AAAG fala de “descontento xeralizado” na profesión diante do proceso ao tempo que afirma que recibiu numerosas de reclamacións de asociados seus ao respecto de “presuntas irregularidades que se estarían a producir na selección de intérpretes”.

tartufo
CULTURA

Positivas estrea unha colección de teatro en parcería co CDG

A editorial que dirixe Francisco Macías vén de publicar o primeiro libro da colección ‘O papel do teatro’. É a versión en galego do ‘Tartufo’ de Molière. 

danielfaria
CULTURA

O CDG estrea un espectáculo sobre o poeta luso Daniel Faria

Mañá quinta-feira estréase no Salón Teatro 'Daniel Faria', unha montaxe que afonda na figura do poeta portugués Daniel Faria, coproducido polo CDG, o Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e o Teatro Municipal Rivoli do Porto.

CDG
POR PARTE DA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES

Críticas pola escasa produción do CDG para 2017

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de publicar un comunicado no que amosa a súa inquedanza e decepción diante programación para 2017 que vén de presentar o CDG.

CDG
CULTURA

Unha vez liberado Valle-Inclán para o galego, o CDG leva a escena dúas pezas do autor

2017 é o ano da liberación de Valle-Inclán para as linguas non maioritarias deste Estado. E o CDG celébrao levando a escena as pezas ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.

tartufo 01
CULTURA

O novo CDG de Fefa Noia abre temporada con ‘Tartufo’ de Molière

Fefa Noia tira de clásicos para botar a andar a temporada do CDG. A primeira produción propia da compañía pública con Fefa Noia á fronte estréase esta sexta feira e permanecerá até o 16 de outubro no Salón Teatro.

CDG
CULTURA

O CDG de Fefa Noia bota a andar con Molière

Segue o tempo das vacas fracas no CDG. Hoxe presentouse a primeira programación anual da compañía de teatro pública deseñada por Fefa Noia, cunha soa produción, 'Tartufo' de Molière dirixida por Carles Alfaro, e dúas coproducións con compañías portuguesas. 

fefanoia-peq
FEFA NOIA, NOVA DIRECTORA DO CDG

“Estamos nun momento delicado para o CDG”

Esta compostelá vén de incorporarse este luns á dirección dun CDG en tempo de vacas fracas logo dun percorrido profesional que a levou á dirección artística de Teatro La Abadía para logo fundar tamén en Madrid a súa propia compañía, Los Lunes. A chegada de Noia ten xerado unhas expectativas moi altas por mor do seu currículum, pero inversamente proporcionais ao orzamento que terá que xestionar. 

fefanoia
CULTURA

Fefa Noia, nova directora do CDG

Fefa Noia será a nova directora do CDG e ocupará a vacante que deixou Manuel Guede en xuño logo de demitir por razóns persoais.

Imaxe da preparación de A Tempestade
CULTURA

Unha coprodución do CDG recorre por vez primeira a micromecenado

Por vez primeira, unha coprodución do CDG recorre ao micromecenado para completar o financiamento da súa produción.  A tempestade, baseado no último texto de Shakespeare e que leva a escena a compañía Voadora.

asemblea actores
CULTURA

Perto dun cento de profesionais da escena ocupan a sede do CDG

Uns setenta profesionais da escena ocuparon esta noite a sede do CDG trala representación dunha montaxe de Talía para visibilizar as dificultades do sector e protestar pola actitude da Consellería de Cultura e Educación que, aos seus ollos, está a afogar o sector. Celebraron unha xuntanza que durou case tres horas, chea de debate e propostas de acción
Galiza

Cultura négalle o uso da sede do CDG á Plataforma de Artes Escénicas

A Secretaria de Cultura da Xunta vén de rexeitar a petición da Plataforma das Artes Escénicas para do Salón Teatro en Compostela, sede do CDG, para organizar unha asamblea aberta o próximo día 28.
Artes Escénicas

O CDG producirá dúas obras de Vidal Bodaño

As montaxes de Días sen Gloria e Touporroutou da lúa e do sol fan parte dos actos de homenaxe ao dramaturgo ao que se dedica o Día das Letras Galegas de 2013