martes 28/09/21

Unha coprodución do CDG recorre por vez primeira a micromecenado

Por vez primeira, unha coprodución do CDG recorre ao micromecenado para completar o financiamento da súa produción.  A tempestade, baseado no último texto de Shakespeare e que leva a escena a compañía Voadora.

Imaxe da preparación de A Tempestade
Imaxe da preparación de A Tempestade

Fáltalle un 10% do orzamento, o correspondente a 2 dos 9 actores e actrices do elenco e, para acadar eses cartos,a compañía Voadora ten aberta unha páxina na plataforma verkami co fin de chegar á cantidade que precisan para o “proceso de creación e ensaios do espectáculo e a tempada no Centro Dramático Galego”. A obra abrirá no mes de outubro a tempada do Salón Teatro de Compostela, sede do CDG, onde o espectáculo se programará durante tres semanas, para logo iniciar a xira por teatros galegos até comezos de novembro.

No inicio, o 2 de outubro, desenvolverase unha representación especial para as persoas que contribúan ao financiamento do espectáculo. Ao finalizar, organizarán unha conmemoración na que se entregarán as distintas recompensas, entre as que se atopan entradas, cartaces, DVDs, bolsas ou chapas. 

A Tempestade, baseada na última obra escrita por Shakespeare, nace en coprodución da compañía a Voadora, co Centro Dramático Galego, Centro Cultural VilaFlor de Guimarães , a XXX MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia e as compañías portuguesas Ao Cabo Teatro e Teatro Bruto. Nove actores, bailarines e músicos serán o elenco do texto de Shakespeare que leva a escena a compañía Voadora, con adaptación de Fernando Epelde nunha obra que dirixirá Marta Pazos que conta xa con dous premios María Casares á Mellor Dirección.

A Tempestade abrirá o vindeiro 5 de xuño o festival de teatro contemporáneo Gil Vicente en Guimarães, neste ano no que s conmemora o que conmemora o 450 aniversario do nacemento de Shakespeare.

O CDG ten en xira neste momento o espectáculo “Longa viaxe cara á noite” que se representará o día 17 en Ourense e 22 e 23 en Vigo. Dirixido por Manuel Guede Oliva -director do CDG- conta no seu elenco cos actores Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Viéitez e Alberto Rolán.

"A TEMPESTADE" de VOADORA - CROWDFUNDING from voadora on Vimeo.

comentarios