Cultura négalle o uso da sede do CDG á Plataforma de Artes Escénicas

A Secretaria de Cultura da Xunta vén de rexeitar a petición da Plataforma das Artes Escénicas para do Salón Teatro en Compostela, sede do CDG, para organizar unha asamblea aberta o próximo día 28.

Despois de eliminar dos orzamentos máis de metade do constatado o pasado ano para actividades culturais e unha vez aínda non respondeu ás reclamacións do sector para recuperar os circuitos culturais e a Rede de Teatros ademais de esixir o nomeamento do responsábel de AGADIC, o PP ven de incrementar a tensión co sector da cultura ao se negar a facilitarlles o Salón Teatro para a organización dunha asemblea aberta que a Plataforma de Artes Escénicas tiña convocado para o día 28 de xaneiro.

A Alternativa Galega de Esquerda (AGE) pediu explicacións a través do seu deputado Xesús Ron no Parlamento cunha interprelación na que pide explicación do “uso das infraestruturas públicas para garantir o dereito de participación cidadá”. Lembra Ron que o Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego, ten entre os seus obxectivos de funcionamento “apoiar aos creadores e profesionais artísticos”.

Comentarios