martes 28/09/21
Entrevistamos Quico Cadaval

"O Centro Dramático Galego é unha aparencia, porque non ten autonomía artística"

Quico Cadaval (Ribeira, 1970) vén de encher o Teatro Principal de Santiago durante tres días con A cabeza do dragón (Producións Teatráis Excéntricas), a primeira obra de Valle Inclán adaptada ao galego. Ten por diante unha intensa xira que levará o espectáculo por cidades e vilas do país e por Portugal. A acollida resultoulle satisfactoria. Admite estar aínda “esperando críticas". 

quico_cadaval

Que lectura fas da situación do teatro na Galiza?

Non teño unha idea feita, acostumo a usar un símil cun mito clásico, o de Sísifo, un home que fixo algo malo está condenado a subir unha pedra a un monte e cando chega ao cumio a pedra roda para un dos lados. Entón ten que baixar de novo e empezar a empurrar. E a nós danos a sensación de que no teatro é sempre así, cada ano temos que demostrar que valemos, que interesamos e empezar de novo… Levamos todo o tempo empezando de novo e iso é un pouco alarmante. Os últimos feitos relacionados co Centro Dramático demóstrano así. O CDG é unha aparencia, porque non ten autonomía artística.

4Que papel debería desenvolver o CDG, e que papel está desenvolvendo?

Ser o emblema do teatro nacional, do teatro público. Hai moita xente que está contra a existencia do CDG porque ten os seus defectos, os que sexan, e en cambio non di nada do Centro Dramático Nacional, da Compañía Nacional de Teatro Clásico… Iso está naturalizado, parece normal que a cultura española teña unhas institucións e entón o anarquismo atácalle á xente cando son institucións galegas. O que está facendo? Pois todo depende da actitude política, se nos consideran aos teatreiros ou aos artistas en xeral un lastre, un peso, unha lacra, ou se nos consideran unha riqueza do país. É lamentábel e un pouco absurdo que só se nos celebre porque traballamos fóra. O CDG debería ter unha programación que non correse coas compañías das experiencias privadas e que as experiencias privadas tivesen un campo de exposición, pero, vaia, non sei para que che falo de todo isto porque isto é política cultural e non son un experto.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 237, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

comentarios