Capital Energy

Pablo Alcón, de Capital Energy, e Frans Pieter Lindeboom, de Lhyfe, asinaron onte un convenio de colaboración para ligar as producións eólica e de hidróxeno en ámbitos mariños da península Ibérica (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

O sector enerxético pide máis tempo para cumprir os requirimentos ambientais para os proxectos renovábeis

O 25 de xullo remata o prazo para a autorización da construción de proxectos de enerxías renovábeis. Mentres o sector enerxético advirte de que moitas instalacións non poderán cumprir cos requisitos nesa data, o Goberno español abre a porta a ampliar os tempos.
Emprazamento dos nove parques eólicos tramitados en augas galegas (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Seis empresas estranxeiras aspiran a ficar con toda a eólica mariña galega

O Consello de Ministros aprobou na súa sesión desta terza feira o Plan de ordenación dos espazos marítimos (POEM). O documento fixa as áreas do litoral galego onde será posíbel erguer parques eólicos mariños.
Emprazamento dos nove parques eólicos tramitados en augas galegas. (Infografía: Nós Diario)
MAPA

As grandes eléctricas puxan polo mar galego: así son os nove parques eólicos proxectados no país

Iberdrola, Capital Energy, Ferrovial, Grupo Cobra, BlueFloat e Abei Energy lánzanse á conquista das augas galegas nunha carreira pola eólica mariña iniciada antes mesmo de dispor do regulamento definitivo. Os nove parques eólicos que se están a tramitar suman unha potencia de 5,8 XW e representan catro de cada dez dos proxectados no conxunto do Estado español, contando coa instalación de case 400 aeroxeradores. O sector pesqueiro olla con atención o temperán desenvolvemento dunha industria boiante que pode pór en risco a súa actividade.
Área na que se localizarían a poligonal e as turbinas do parque eólico mariño Celta II. (Infografía: Ferrovial)
ECONOMÍA

Ferrovial proxecta outros 34 aeroxeradores nas Rías Baixas: así é o parque eólico mariño Celta II

A zona de implantación do parque ficaría a 40 quilómetros das illas Cíes, desde onde se poderían contemplar estas instalacións enerxéticas.
Construción dun parque eólico mariño na costa dos Países Baixos. (Foto: Kruwt)
ECONOMÍA

O sector pesqueiro rexeita a política eólica mariña do Estado

O complexo pesqueiro continúa coa súa oposición aos proxectos da eólica mariña. Representantes do sector chegados do todo o Estado reuníronse na xornada de hoxe en Compostela para expresar o seu rexeitamento as propostas en marcha.

 

Construción dun parque eólico mariño na costa dos Países Baixos. (Foto: Kruwt)
ECONOMÍA

Capital Energy presenta a oitava proposta de eólica mariña, 'Breogán': catro de cada dez megawatts tramitados, en augas galegas

Con esta nova iniciativa empresarial, a Galiza abrangue 42% dos parques de eólica mariña que valora o Miteco a nivel estatal.
Jesús Martín Buezas e Florentino Pérez. (Fotos: Capital Energy/Europa Press)
SOCIAL

Que une o parque de eólica mariña que Capital Energy quere construír a 30 km das Cíes e Florentino Pérez?

O presidente da construtora ACS ten un vínculo de proximidade co fundador da compañía enerxética.
Localización e detalle do parque eólico mariño Volanteiro (Foto: Nós Diario / Capital Energy).
ECONOMÍA

34 aeroxeradores mariños fan perigar a pesca no sur da Galiza

A empresa enerxética madrileña Capital Energy vén de presentar un proxecto inicial ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) para a instalación dun parque eólico mariño (PEM) de 34 aeroxeradores en fronte da ría de Vigo, a menos de 30 quilómetros da liña de costa.
Parque eólico da enerxética galega en Vimianzo. (Foto: Greenalia)
Alcoa, a "coartada" da Xunta

Capital Energy e Greenalia non xeran electricidade suficiente para cubrir as necesidades de Alcoa

O pasado 26 de decembro, dous días antes que o cadro de persoal da factoría de aluminio de San Cibrao en Cervo celebrara un referendo sobre a paralización da actividade na fábrica até 2024, a eléctrica Greenalia anunciou un preacordo con Alcoa para subministrarlle electricidade de orixe eólico a un prezo reducido. Catro días máis tarde, outra enerxética con intereses na zona, Capital Energy, fixo público un pacto semellante coa multinacional estadounidense.

Vista da planta de Alcoa en San Cibrao.
ECONOMÍA

Capital Energy anuncia un preacordo con Alcoa para fornecela de enerxía dez anos a partir de 2024

O grupo de renovábeis sinala que asumiría este compromiso grazas á entrada en funcionamento dun total de 11 instalacións eólicas que está a desenvolver na actualidade na Galiza e que suman unha capacidade instalada de 573 MW.