Bandeira da Patria

Australia
reportaxe

A volta ao mundo da bandeira galega: 18 países e cinco continentes en sete meses

Alfonso Díaz 'Foni', un profesor que se xubilou aos 60 anos decidiu viaxar polo mundo "sen billete de volta". Sempre, iso si, coa bandeira galega a costas.
Izado da bandeira galega hai un ano no parque do Castro de Vigo, nun acto impulsado por Vía Galega. (Foto: Vía Galega)
MEMORIA E HISTORIA

Decenas de concellos izarán a bandeira este sábado para enxalzar a simboloxía galega fronte á "españolización permanente"

Vía Galega impulsa actos por toda a Galiza para difundir a bandeira da patria coincidindo co aniversario da primeira Asemblea Nacional, que demandaba cuestións como a autonomía integral da Nación galega, igualdade entre mulleres e homes, o sufraxio universal ou unha federación ibérica que incluíse Portugal.
Placa en homenaxe a Murguía.
star
Reportaxes

Transversal: o trazo azul da bandeira que hai en nós

O día 1 de febreiro deste ano 2023, a Real Academia Galega descubría no cemiterio de Santo Amaro da Coruña unha placa de honra a Manuel Murguía no seu centenario. A placa contén o trazo transversal da bandeira galega, que hoxe sabemos deseñada polo propio intelectual. É a mesma bandeira que foi vista por primeira vez no traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro a Bonaval, no mes de maio de 1891. E velaí que ese mesmo trazo transversal, oblicuo, de cor azul, é o mesmo que marcou xa mil días o centro da palabra nós, despregado no cabezallo do noso xornal.
Alexandra Murguía (Imaxe: Arquivo Dixital de Galicia)
CULTURA

Alexandra Murguía, autora do deseño da bandeira galega

O pasado día 2 de febreiro celebramos os cen anos da morte de Manuel Murguía. Hoxe, 22 de marzo, son oitenta e seis os transcorridos desde a morte de Alexandra, a súa filla máis vella. Contaba setenta e sete anos e había poucos días que vivira o centenario do nacemento da súa nai, o 23 de febreiro.
Detalle do estandarte do reino da Galiza nas pompas fúnebres con ocasión da morte do Emperador Carlos V de Habsburgo, 1559 (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Normalizar os nosos símbolos

O profesor na Universidade da Coruña Alexandre Peres Vigo analiza para 'Nós Diario' a importancia de normalizar os símbolos nacionais galegos.
Acto de izado da bandeira galega este sábado en Vigo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A bandeira da Galiza foi pendurada este sábado ao longo das comarcas do país

Os actos de izado da bandeira, promovidos por Vía Galega, tiveron como motivo a conmemoración do 104 aniversario da I Asemblea Nacionalista.
A obra, da autoría de Manuel Ferreiro e Xoán Costa, fai un percorrido polas orixes dos símbolos nacionais. (Foto: Nós Diario)
Agasallo para lectoras

Queres coñecer a historia do himno e a bandeira? Este sábado, con 'Nós Diario', a publicación 'Símbolos nacionais de Galiza'

A obra, editada por Vía Galega, entregarase de balde xunto a este xornal.
Presentación da campaña de Vía Galega, esta cuarta feira, en Compostela. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Vía Galega presenta unha campaña para pór en valor os símbolos nacionais

A plataforma desenvolverá diferentes accións en novembro coincidindo co 124 aniversario da Asemblea Nacionalista Galega.
71c36823-4e19-4bd2-a0ae-00e9246bcf86
SOCIAL

Cadea de bandeiras na muralla de Lugo para reivindicar que Galiza é unha nación

xavier-santos
SOCIAL

Xavier Sánchez, ‘Projeto Estreleira’: “O 21 en Lugo visibilizarase que somos moitos os que acreditamos que somos unha nación”

Lugo acollerá o vindeiro día 21 dunha “muralla humana de estreleiras”, iniciativa que leva semanas cociñándose a lume manso e sumando apoios colectivos e individuais. O obxectivo, reunir de mans dadas centos de persoas procedentes das diferentes comarcas da Galiza na cidade máis antiga do país para reivindicar que “somos unha nación”.

Muralla.Lugo.Galicia
SOCIAL

Unha cadea humana rodeará a muralla de Lugo con bandeiras da Patria baixo o lema: “Somos umha naçom”

O vindeiro 21 de novembro, nunha iniciativa do Proxecto Estreleira que conta xa con múltiples adhesións.

caravana
POLÍTICA

Unha caravana para visibilizar os símbolos nacionais

Varias ducias de vehículos percorreron o tramo de Oroso a Compostela lucindo bandeiras e simboloxía nacional galega.

Despregamento este 4 de xullo da bandeira da Patria no Orzán, na Coruña (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Mostrar, lucir, brasonar e reivindicar: chamados a visibilizar bandeiras da Patria por toda Galiza co gallo do 25-X

Organizacións e colectivos convocan a pendurar a bandeira de xanelas e varandas e mesmo hai organizada unha ‘caravana pola estreleira’.

mapa estreleira
SOCIAL

Da ‘Guerra do Francés’ ao ‘Nunca Máis’: 35 fitos recollidos nun mapa para entender a Galiza contemporánea

Preséntase este sábado no Museo do Pobo Galego.
Detalle da pegada do 'Proxecto estreleira' no territorio galego.
SOCIAL

Nace 'Proxecto Estreleira', unha iniciativa para a difusión dos símbolos do país

As persoas promotoras do proxecto fan un chamamento para inzar o país de estreleiras o vindeiro 25 de xullo, Día da Galiza.
ESTRELEIRA ESTELADA BALAIDOS IMAXE DE @adrianrbravo
DEPORTES

Denuncia ameazas do xefe de seguridade privada de Balaídos por levar unha estelada e unha bandeira da patria

Adrián R. Bravo, socio do Celta, presentará unha queixa perante o servizo de seguridade do club após o xefe de seguridade privada, denuncia, se lle dirixir “de forma intimidatoria” no estadio do club celeste por levar a bandeira independentista catalá e a galega.

estreleira bandeira pasarón
DEPORTES

O PP defende, máis unha vez, o veto a bandeiras nacionalistas galegas nos estadios

O deputado Jacobo Moreira considera que “non teñen sitio” nunha actividade como o deporte que “une”. O Parlamento debateu unha PNL do BNG que pedía unha condena á prohibición destas bandeiras no estadio de Pasarón.

Sen titulo
SOCIAL

A requisa de bandeiras nacionalistas galegas en Pasarón chega ao Parlamento

O deputado do BNG Luis Bará pregunta ao goberno galego por esta confiscación. Considera a fronte nacionalista que estamos diante dun “ataque contra a liberdade de expresión”, como se puxo de manifesto en sentenzas xudiciais.

COMPOSTELA SEAREIROS SAN LÁZARO
DEPORTES

Requisa de ‘estreleiras’ a seareiros do Compostela no estadio de San Lázaro

Malestar entre afeccionados compostelanistas pola medida, adoptada no play off de ascenso que se desputou contra o Espanyol B.

estreleira
DEPORTES

“Non puiden entrar no estadio coa bandeira do meu país”

Seareiros deportivistas denuncian nas redes sociais a requisa de estreleiras no estadio do Leganés, acción que xa padeceron nese mesmo estadio outras afeccións galegas