luns 25/10/21

Unha caravana para visibilizar os símbolos nacionais

Varias ducias de vehículos percorreron o tramo de Oroso a Compostela lucindo bandeiras e simboloxía nacional galega.

caravana
caravana

Unha caravana de vehículos percorreu na mañá deste Día da Patria Galega o tramo entre o Concello de Oroso e Compostela para visibilizar a simboloxía nacional. Bandeiras da Patria, coa serea de Casetlao ou do Reino Suevo luciron de xanelas e ventás dos vehículos ao longo do percorrido.

A iniciativa estaba organizada polo colectivo Estreleira no que cualificou como “num acto de celebraçom, irmandade e resistência”.

“Nom escolhemos por acaso esta localizaçom de Oroso: pois aliás de estar perto de Compostela e ser de fácil acesso, na Ponte de Sigueiro tivo lugar umha das batalhas da revoluçom galega de 1846, momento fundacional da nossa luita contemporánea de libertaçom nacional”.

estreleira suevoNo marco desta iniciativa, varias persoas penduraron da Ponte de Sigüeiro 2 grandes bandeiras nacionais, a do reino suevo e a da Patria.

O 'Proxecto Estreleira' constituíse e deuse a coñecer este domingo, 27 de xuño, no cumio do Pico Sacro. Alí, un grupo de persoas da Galiza, nacionalistas e independentistas presentaron as bases e as liñas esenciais desta iniciativa social que nace co obxectivo de "divulgar e popularizar masivamente os nosos símbolos máis senlleiros". 

comentarios