Feijóo eludiu demandar máis autogoberno e centrouse na suposta melloría da economía
A estratexia de Monte Pío no debate foi a de vender que o país está mellor que hai un ano.
A estratexia de Monte Pío no debate foi a de vender que o país está mellor que hai un ano.
As políticas da austeridade e recurtes da dereita europea non foron respostadas a xeito polos partidos socialdemócratas estatais. Velaí que o sistema que máis calidade de vida xerou na historia recente da humanidade fose recurtado en grande medida sen que o centro-esquerda fose quen de propór con forza, no nível europeo, un discurso do crecemento e da cohesión social.
Este 25 de xullo moitos galegos e galegas, organizacións políticas, sociais, sindicais e cidadanía en xeral, sairán ás rúas para festexar de moi diversas formas e con moi diversos formatos o Día Nacional de Galicia, o día da Patria Galega, onde poder reivindicar algo tan sinxelo –e mesmo tan humano- como a demanda de querer vivir nun País normal e nunha sociedade normalizada. Un día no que poder expresar de xeito cívico e democrático a pertenza a un País, a adhesión a uns sinais de identidade que unen e que enriquecen á cultura universal con pequenos -mais enormes- anacos de creatividade dunha cidadanía consciente e que non quere resignarse a vivir nese mellor dos mundos posibles.
O voceiro nacional da formación frontista, Xavier Vence, e o deputado Francisco Jorquera analizaron as consecuencias de recortar escanos no Parlamento. Foi en senllas entrevistas concedidas á Radio Galega e á Cadena Ser.
O BNG considera que as medidas anunciadas por Alberto Núñez Feijóo son un exemplo do "proceso de renuncia" e "entrega" do autogoberno aos intereses "recentralizadores" do PP. Aliás, alertan á cidadanía da perda de democracia que suporá a redución de parlamentares prevista polo goberno da Xunta.