CC OO de Galiza, Euskadi e Cataluña defenden o autogoberno fronte á recentralización

O V Galeuscat Sindical, que decorreu en Barcelona, avogou por avanzar no autogoberno orientándoo a políticas sociais
Xuntanza anterior de Galeuscat de CCOO
photo_camera Xuntanza anterior de Galeuscat de CCOO

As CC OO de Galiza, Euskadi e Cataluña apostan polo autogoberno fronte á recentralización e, no actual escenario de crise, esixen orientalo ás políticas sociais. Os secretarios xerais das tres organizacións, Xosé Manuel Sánchez Aguión, Unai Sordo e Joan Carles Gallego, respectivamente, alertaron do perigo de que a crise se instrumentalice para centralizar competencias e destruír o modelo social.

Na conferencia de prensa conxunta que ofreceron en Barcelona e na que se expuxeron as conclusións do V Galeuscat, os máximos responsábeis das CC OO galegas, vascas e catalás reafirmáronse no carácter plurinacional do Estado español, no cal conviven diferentes sentimentos de pertenza colectiva, identidades "variadas e variables".

E fronte ao ataque e desmantelamento dos servizos públicos,"mesmo usando a crise de escusa, o sindicato aposta por reforzalos e potencialos, "máis aínda no actual contexto socioeconómico".

Comentarios