Opinión

Ao benestar polo autogoberno

As políticas da austeridade e recurtes da dereita europea non foron respostadas a xeito polos partidos socialdemócratas estatais. Velaí que o sistema que máis calidade de vida  xerou na historia recente da humanidade fose recurtado en grande medida sen que o centro-esquerda fose quen de propór con forza, no nível europeo, un discurso do crecemento e da cohesión social.

As políticas da austeridade e recurtes da dereita europea non foron respostadas a xeito polos partidos socialdemócratas estatais. Velaí que o sistema que máis calidade de vida  xerou na historia recente da humanidade fose recurtado en grande medida sen que o centro-esquerda fose quen de propór con forza, no nível europeo, un discurso do crecemento e da cohesión social.

Porén, en varios territorios europeos os seus partidos nacionais ou nacionalistas foron quén de trascender, sen o esquecer, o discurso da identidade para se centrar no discurso da inclusión e do benestar. Deste xeito incorporaron ao proxecto nacional a sectores tradicionalmente menos abertos ao discurso identitario, para lle ofrecer á maioría social un relato de futuro, arredor da convivencia e do benestar.

"Os proxectos nacionais, malia o seu carácter inequivocamente progresista e integrador, trascenden tamén ao xogo tradicional esquerda-dereita e serán unha das alternativas ao esfarelamento dos grandes partidos socialdemócratas europeos".

Esencial a este proxecto é garantir unha sanidade e servizos sociais de calidade e unha educación pública competitivo. E para isto as cuestións do financiamento público e da autonomía fiscal son esenciais, porque só decidindo sobre os vectores dos que depende a recadación é posíbel garantir os servizos públicos.

Mais tamén esta caste de proxectos de integración e futuro priorizan o control sobre os piares do desenvolvemento económico, tentando promover os sectores con máis capacidade tractora e vertebradora. E non precisamente a medio de empresas públicas, senón do fomento dun emprendemento empresarial nado do País, ao que estas políticas lle teñen que garantir a competitividade coa grande empresa vinculada aos Gobernos estatais. Velaí, como exemplo frustrado polo PP, o plan eólico que os nacionalistas Anxo Quintana e Fernando Blanco promoveron no pasado goberno de coalición.

Esta caste de proxectos foron desenvolvidos polos gobernos nacionalistas de Euskadi e Escocia. E na propia Catalunya o movemento cidadá independentista é interclasista e transversal e trascende con moito ao discurso identitario. 

Os proxectos nacionais, malia o seu carácter inequivocamente progresista e integrador, trascenden tamén ao xogo tradicional esquerda-dereita e serán unha das alternativas ao esfarelamento dos grandes partidos socialdemócratas europeos.

Comentarios