arquitectura

Interior da torre do Castelo de san Felipe coa exposición da histórica.(Foto: Santos-Díez)
star
Reportaxes

Montero Parapar. Arquitectura dos sentidos

Os intanxíbeis son aquelas cousas que non se poden tocar pero están aí. A arquitectura que fan Ramón Montero e Carmen Pérez Parapar traballa con aquilo que se escapa aos sentidos pero forma parte dos espazos construídos. Para eles as sensacións, especialmente nas rehabilitacións, son un elemento máis que é preciso conservar.
Colexio Maior Cesar Carlos, de Aleandro de la Sota.
Mostra no Museo Interactivo da Historia

A arquitecta e fotógrafa Ana Amado expón unha mostra fotográfica sobre arquitecturas da modernidade en Lugo

Recolle dúas series, unha de imaxes en branco e negro de edificios seminais da arquitectura do século XX, e outra con fotografías en color dos poboados de colonización que proliferaron a mediados do pasado século,

Novo teito de madeira da igrexa de Tirán. (Foto: Antonio Pernas)
Reportaxes

Pernas Varela. O invisíbel

O arquitecto Antonio Pernas Varela sandou varias xoias do patrimonio galego dunha forma moi discreta. O seu traballo, para moitos invisíbel, busca o equilibrio entre respectar o monumento e, ao mesmo tempo, non renunciar a deixar unha achega para o futuro.  
Carril ciclista decidido coa perspectiva no eixe da vía. (Foto: L.A.)
star
Arquitectura

Pedalear contra o vento

A bicicleta non paga impostos, non é preciso carné nin seguro, tampouco carburante.
O bosque en harmonía co refuxio. (Foto: Adrián Capelo)
star
Reportaxes

Mauro Lomba: Arquitectura sensorial

A compoñente visual é unha parte importante da arquitectura mais non é a única. Os edificios pódennos emocionar desde o tacto, o ouvido, o olfacto ou mesmo o gusto. Mauro Lomba desenvolve unha obra que, ademais de funcional, busca a compoñente sensorial da arquitectura.
O país está cheo de hórreos abandonados, moitos xa en ruínas, colapsados total ou parcialmente. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

'Firmitas, utilitas, venustas'

Nova análise para 'Nós Diario' do arquitecto urbanista Iago Lestegás Tizón.
Chega aos quiosques un novo número de Sermos Galiza. (Fotos: Nós Diario)
CULTURA

A figura de Xosé Bar Boo, Mario Regueira e o decrecemento protagonizan o 'Sermos Galiza' deste sábado

No semanario desta semana repasamos a traxectoria vital e profesional do arquitecto Xosé Bar Boo, xusto cando se compren cen anos do seu nacemento.
Xosé Bar Boo en 1972. (Foto: Ángel Llanos)
star
Reportaxes

Xosé Bar Boo. Centenario dun arquitecto comprometido

En 1922 nacía Pepe Bar –como era coñecido entre os seus amigos–, unha persoa comprometida coa súa profesión, co país e coa ecoloxía. Foi un dos recuperadores da arquitectura moderna na Galiza dos anos 50, nun contexto dominado pola retórica franquista. Naquel tempo, as cidades medraban sen control. Construíase moito e de pouca calidade. Bar Boo opúxose á mediocridade e mantívose fiel ás súas conviccións, o que lle supuxo non ter moito traballo, mais as obras que levou a cabo son exemplo de creatividade e innovación. 
Cesar Portela pronunciando o seu discurso de ingreso na RAGBA.
CULTURA

César Portela ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes como académico de honra

O arquitecto pronunciou hoxe o seu discurso “A arquitectura: Unha disciplina entre a arte e a técnica” nun acto no Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa.

Cesar Portela no seu estudio.
CULTURA

O arquitecto César Portela ingresa este sábado como académico de honra na Real Academia Galega de Belas Artes

Pronunciará el mesmo o seu discurso de ingreso, titulado 'A arquitectura: Unha disciplina entre a arte e a técnica' que será contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Arquitectura, Xosé Manuel Casabella López.

05_MAXIA_4
star
Reportaxes

Trespes. O preciso

Preciso ten unha dobre acepción. Por un lado, significa que algo é necesario e útil. Aquilo que convén e é adecuado. Pero tamén quere dicir que una cousa está feita con exactitude e rigor, que ten precisión. Con este dobre significado definen estes tres arquitectos (Carlos, Alberte e Enrique) a súa arquitectura.
No centro da foto, o escultor Francisco Remiseiro, un dos relatores do ‘Laboratorio da Paisaxe. Escenarios para a vida’.
SOCIAL

A arquitectura como axente para a protección do patrimonio galego

O concello de Barro vén de acoller a actividade ‘Laboratorio da Paisaxe. Escenarios para a vida’. Trátase dun proxecto de investigación, organizado pola Asociación Cultura Tirante e dirixido pola arquitecta Sheila García, no que converxen diferentes artes co obxectivo de afondar nas relacións co territorio e para darlles visibilidade ás problemáticas da Galiza Baleira e o despoboamento do rural.
Transformación do Hospital Xeral en sede da Cidade da Xustiza de Vigo. (Foto: Manuel G. Vicente)
star
Reportaxes

Alfonso Penela: arquitectura inconformista

Nunha dilatada carreira Alfonso Penela compaxina os grandes edificios públicos, as novas iconas urbanas, con pequenas intervencións case anónimas. Mestura os grandes proxectos con obras preocupadas polo detalle. Para o arquitecto todas as escalas son interesantes, mesmo o máis miúdo, que ás veces lle dá máis traballo que o grande.
Vivendas en fileira mantendo a escala do barrio de Mugardos. (Foto: Ana Amado)
star
Reportaxes

Jorge Salgado. Territorio próximo

O arquitecto Jorge Salgado Cortizas traballa coa mirada posta na paisaxe. Cada proxecto na súa contorna é unha maneira de ir arranxando aos poucos, e con modestia, o seu territorio máis próximo.
O edificio de Cambeses crea unha nova praza para a cidade de Vigo. (Foto: Héctor Santos-Díez)
star
Reportaxes

MMASA. Cidades sas

As arquitectas e os arquitectos deseñan edificios útiles e fermosos, pero iso non é suficiente para xerar un hábitat agradábel. O que sucede entre os edificios tamén é importante. Prazas e rúas forman parte do noso espazo vital. O urbanismo estratéxico é a ferramenta que emprega o estudio MMasa para facer máis sas as nosas cidades e vilas. 
Cristina Botana no asentamento da Pasaxe (A Coruña), hoxe en proceso de desmantelamento. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Cristina Botana, doutora en Arquitectura: "O antixitanismo é a forma de racismo menos cuestionada pola nosa sociedade"

A doutora en Arquitectura, Cristina Botana, estuda a segregación urbanística da poboación xitana.

mercado
star
A Praza de Abastos de Compostela

O mercado do Pobo

É difícil atopar hoxe en día unha persoa que resida en Santiago que non coñeza, polo menos de ter estado unha soa vez, a súa Praza de Abastos. Mesmo para o turismo que ateiga as rúas compostelás pasou a ser un punto de visita obrigada ao figurar entre os monumentos da cidade. Aínda así, as naves que o compoñen seguen agochando como naceron e quen foi o seu artífice. Coa intención de reparar esta situación, a arquitecta e investigadora Ruth Varela concibiu o documental Os segredos do Mercado de Abastos, un audiovisual que afonda sen complexos na obra que deseñou o arquitecto asturiano Joaquín Vaquero Palacios.
A fachada da escola conta con diferentes efectos de transparencia.
star
Reportaxes

Prieto Patiño. Complementarios

Juan Prieto e Faustino Patiño son dous arquitectos moi diferentes. As súas formas de pensar e traballar chegan a ser opostas, mais as súas diferencias fan que funcionen como equipo. As súas miradas son complementarias. 
26-04-2022 Iago Valverde-6-min
star
Entrevistas

Iago Valverde: "O que esconde a idea de feísmo é unha superioridade moral"

Iago Valverde (Nigrán, 1985), arquitecto e colaborador de Sermos Galiza, acredita nunha arquitectura “cotiá” e “próxima”, desligada desa idea de grandes proxectos monumentalistas. Defende, ademais, unha arquitectura que sirva no “día a día” da cidadanía e que parta do compromiso co respecto do pasado. Interesado na divulgación do coñecemento, defende que a actual arquitectura galega ten “boa saúde” e apunta que o seu futuro pasa non tanto por novas construcións como pola rehabilitación e recuperación do existente.
O crecemento urbano disperso é insostible. Devora materiais e enerxía, aumenta o tráfico privado e artificializa grandes superficies de solo. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

Moderna periferia

O arquitecto Iago Lestegás prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.