arquitectura

Imaxe do tema que abre o Sermos Galiza deste sábado. (Foto: Nós Diario) #sermosgaliza #sermos #semanario #resumo #baleaazul #cambioclimático
SOCIAL

Sermos Galiza investiga as razóns da visita de cetáceos ás costas galegas

No semanario, que atoparás o sábado nos puntos de venda habituais e na nosa tenda en liña, poderás saber máis sobre a ova novela de Alberto Fortes e descubrirás as chaves da arquitectura de premio do estudo Flu-or. Nesta ocasión, tamén levarás unha completa proposta culinaria. 
Solución de vao do catálogo Barcelona para 2,5 millóns.
star
Arquitectura

Un mesmo solo

Decidir ese pavimento xenérico que pisaremos podería ser un novo símbolo de identidade nacional como o monumental granito dos nosos cascos.
Pascuala Campos.
star
Reportaxes

Arquitectas: mulleres esquecidas

A historia escríbena os gañadores, e eses sempre son homes. O relato que nos chegou foi escrito con perspectiva masculina, e este moitas veces esqueceu (intencionadamente ou non) a contribución das mulleres ao presente. Nas artes ou nas ciencias existe un legado de mulleres que hai que rescatar e pór en valor. Isto tamén sucede na arquitectura.
Manuel Gallego Jorreto
star
Entrevistas

Manuel Gallego Jorreto: "A arquitectura debe salvagardar certos valores éticos, e mesmo espirituais"

Este pasado día 13, a Fundación Manolo Paz outorgáballe o seu premio Recoñecemento como homenaxe a toda unha traxectoria. Un premio que se une a unha lista de galardóns interminábel e na que destaca o feito de que, xunto con Rafael Moneo, foi a única persoa que recibiu dúas veces o Premio Nacional de Arquitectura. O seu traballo está espallado por toda Galiza e abrangue desde vivendas unifamiliares até a Residencia oficial de Monte Pío, desde a rehabilitación do teatro Rosalía de Castro da Coruña até o Museo das Peregrinacións de Santiago. Sen saír do país, foi quen de sentar maxisterio a nivel internacional. Falamos co arquitecto Manuel Gallego Jorreto sobre a súa traxectoria e a súa visión da arquitectura.
Detalle do Sermos Galiza deste 14 de agosto
SOCIAL

O arquitecto Gallego Jorreto e o seu maxisterio universal desde o local, no novo número do ‘Sermos Galiza’

O novo número do semanario Sermos Galiza tórnase imprescindíbel para coñecer a arquitectura propia. Non perdas a entrevista ao premiado Manuel Gallego Jorreto sobre a súa traxectoria e a súa visión da arquitectura. Ademais, ao longo do semanario, repásanse as distincións que Franco e os seus ministros aínda conservan na Galiza. E como sempre, inclúese unha manchea de recomendacións para o tempo de lecer. Procura o teu exemplar, xunto con Nós Diario, este sábado nos quiosques e puntos de venda habituais!
Teresa Táboas.
CULTURA

Teresa Táboas entra no Consello da Unión Internacional de Arquitectos

Táboas foi escollida durante a Asemblea Xeral desta organización.
Cartografía inicial durante a crise da Covid-19, 05/2020 (Foto: ergosfera.org)
star
Arquitectura

Os derradeiros espazos vitais

Un traballo do colectivo Ergosfera sobre as residencias de maiores pon en evidencia as carencias do modelo actual e subliña a necesidade dun cambio na atención ás persoas maiores.

Cesar Portela. Foto: José Vázquez Caruncho
star
Entrevistas

César Portela: "A boa arquitectura non destrúe a natureza, mesmo é quen de dignificala"

O arquitecto César Portela vén de ingresar como académico da Real Academia Galega de Ciencias. Portela é unha das figuras máis importantes da arquitectura galega contemporánea e debuxou non só os perfís das cidades galegas, senón que tamén interveu en boa parte das paisaxes do país. A súa obra traspasou fronteiras e recibiu premios como o Nacional de Arquitectura, o European Urban and Regional Planning ou o Philippe Rotthier, entre outros moitos. Nesta conversa falamos, especialmente, sobre a responsabilidade social do arquitecto nun momento –o da pandemia- en que a arquitectura e o urbanismo semellan volver estar presentes no debate público.
Diferentes "sortes" de urbanización e a mesma rúa sen vida.
star
Arquitectura

Vivenda unifamiliar, vida illada

Existen infinitas reformas que avaliar máis racionais e próximas, antes de facer unha nova casa. Por que construír máis se podemos evitalo?
Imaxe da entrevista a Concha Blanco. (Foto: Nós Diario) #sermosgaliza #sermos #conchablanco #aelg #literatura
CULTURA

Sermos Galiza entrevista a Concha Blanco, gañadora da Letra E de AELG

O semanario tamén fai un repaso pola realidade dos festivais poéticos da Galiza na situación de crise sanitaria e propón saber máis sobre os proxectos arquitectónicos de Sabín e Blanco. Se non queres perder estes contidos, non faltes mañá á túa cita co quiosque.
Patricia Sabín e Enrique Blanco. (Foto: Sabín-Blanco)
star
Reportaxes

Sabín-Blanco: Lume lento

O tempo é un factor chave na vida actual. Patricia Sabín e Enrique Blanco son uns arquitectos que procuran dedicarlle aos proxectos o tempo que precisen. Para que as cousas sexan máis doadas ao final da obra, o proceso ten que ser necesariamente longo. A arquitectura necesita paciencia.
O monumento do Carballiño en 1962. (Foto Aurelio) #veracruz #templo #arquitectura #ocarballiño #xeraciónnós #AntonioPalaciosRamilo
star
Análise

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras e canteiros

O monumento máis representativo do Carballiño, do século XX, é o Templo da Veracruz. E iso mesmo pretendía o seu arquitecto, Antonio Palacios Ramilo (1874-1945), cando o deseñou: un templo para un tempo e para unha encrucillada, onde venerar un Lignum Crucis... En realidade, O Carballiño ten dous relicarios da mesma feitura franciscana, mais desta volta afondamos no da Veracruz e no seu creador.
Sombras de namorar na pérgola-balcón do Parque Rosalía.
star
Arquitectura

Sensual e urbano

A pandemia púxoo ao descuberto: precisamos espazos abertos nas cidades onde intimar máis e consumir menos. 
Imaxe dunha das reportaxes do semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza analiza que foi do 15-M após unha década

O suplemento deste sábado tamén inclúe propostas de arquitectura e cociña e fala co reelixido presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, de diversos temas. Procura o 'Sermos' co teu 'Nós Diario' de mañá nos puntos de venda habituais para ler todos os contidos.
O centro Down da Coruña iluminado pola noite como un vagalume.  Foto: Héctor Santos
star
Arquitectura

Emilio Rodríguez: Arquitectura e divertimento

O xogo e o divertimento forman parte do desenvolvemento da mocidade. Coa chegada á vida adulta todo se viste dunha pátina gris de seriedade imposta. Emilio Rodríguez mantén un espíritu novo, busca o divertimento na arquitectura. Pretende que os seus edificios sexan vividos con alegría.
gallegojorreto
CULTURA

Os Premios de Arquitectura 2020 destacan o labor de rehabilitación

A Cidade da Cultura, en Compostela, foi hoxe o escenario da entrega dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galiza 2020

A compoñente moral da arquitectura

Unha rúa da Coruña con seis carrís para os vehículos.
star
Arquitectura

Ruídos impostos

Un terzo da poboación urbana vive exposta a máis dos 55 decibeles de confort. Por enriba deles, tensión e malestar, nin comunicación nin descanso.

Un dos deseños incluídos no volume.
CULTURA

Engaiolarte publica un volume que recolle os debuxos dos cadernos de viaxe de Antonio Palacios

Engaiolarte Edicións vén de publicar Trazar a mirada, máis de 250 debuxos inéditos de Antonio Palacios rescatados dos seus cadernos de viaxe. Imaxes de paisaxes, monumentos e tipos humanos, que permiten comprender mellor a colosal dimensión artística do arquitecto porriñés.
O museo de Campo Lameiro emerxe da terra como unha gran rocha artificial.  / Tono Mejuto
star
Arquitectura

RVR: Paisaxe e memoria

A produción deste estudio de arquitectura de apelidos RVR xira ao redor dos conceptos de paisaxe e memoria. Territorio e tempo son as súas ferramentas de traballo cotiá. Chegan a asegurar que non fan obras novas. Din que nada é completamente novo, todo parte dun lugar ou dunha historia á que pode dar continuidade.