Prohibidas as queimas agrícolas e forestais de particulares até novo aviso
A Xunta da Galiza prohibiu as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares a partir desta segunda feira e até novo aviso, o que implica que non se darán máis permisos e que os xa concedidos quedarán en suspenso. Segundo informou o Executivo galego, quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o servizo de prevención en defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispondo dos medios de extinción precisos. A decisión tomárona tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio. Tamén, detallou a Xunta, tendo en conta que a normativa prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control. A Consellaría do Medio Rural solicitou a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teñan coñecemento.
O rural era un mercado
O 'greenwashing' medra tamén no agro ecolóxico: "O consumidor está nunha xungla"
Que é o millo corvo, o "tesouro negro" que arraigou na Galiza do século XVII?
O Executivo español espera pola resposta do agro ás súas medidas
Medra a produción galega en ecolóxico, que xa factura máis de 112 millóns de euros ao ano
Só o ecoloxismo salvará o campo
Altri pon en risco as explotacións agrarias das comarcas afectadas, 15% das que hai na Galiza: "É o mazazo máis grande"
O complexo agragandeiro da Ulloa observa con preocupación o proxecto de Altri para Palas de Rei. O conglomerado, conformado por 525 granxas, 14.097 cabezas de vacún e máis de 20 empresas de transformación, entende, maiormente, que a pasteira hipoteca a viabilidade dos seus negocios.