As e os labregos polacos levantan o último bloqueo instaurado na fronteira con Ucraína tras case tres meses

Despois de que desde o 9 de febreiro distintos bloqueos por parte de agricultoras e agricultores polacos obstaculizaran a entrada de produtos ucraínos entre demandas para que a Unión Europea (UE) vetase o ingreso das mercadorías alimentarias de Kíiv, Ucraína confirmou a segunda feira que o último cruce fronteirizo bloqueado foi liberado logo das negociacións con Polonia. Así e todo, as restricións manteranse a algúns camións que transporten gran.

Protesta labrega nun dos bloqueos de estradas en Polonia. (Foto: Krzysztof Zatycki / Europa Press / Contacto)
photo_camera Protesta labrega nun dos bloqueos de estradas en Polonia. (Foto: Krzysztof Zatycki / Europa Press / Contacto)
Comentarios