Sen médico en Covelo... e sen ambulancia para trasladalo a Ponteareas: "Din que me busque a vida, que colla un taxi"
Morre un home en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta
Un home morreu esta cuarta feira no Concello de Ponteareas, comarca do Condado, ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta nunha leira da parroquia de Xinzo. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso tivo lugar minutos antes das 09 horas nunha leira propiedade do falecido situada no lugar da Barreira. O home foi golpeado por unha árbore que acababa de cortar, traballos que realizaba en compañía doutra persoa que foi a encargada de dar a voz de alarma aos servizos de emerxencia. Até o lugar mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias 061 desprazados no helicóptero con base en Ourense, que non puideron facer nada pola vida do falecido.
O proxecto de normalización lingüística do IES do Barral (Ponteareas) a través de 'Nós Diario'
O BNG busca trasladar a toda Galiza o modelo de xestión de auga de Pontevedra
Luís Bará visitou esta terza feira Pontevedra e Ponteareas para expór as propostas da formación nacionalista en materia de recursos hídricos e forestais.
Piden 10 anos de prisión para catro persoas acusadas de secuestrar un home en Ponteareas
Trasladados unha muller e un menor por inhalación de monóxido de carbono nunha vivenda de Ponteareas
Unha muller e un menor tiveron que ser evacuados a un centro hospitalario con síntomas por inhalación de monóxido de carbono nunha vivenda de Ponteareas (O Condado), segundo informou o CIAE 112 Galiza. Os feitos ocorreron na madrugada desta sexta feira, sobre as 1.45 horas, cando un particular contactou con Emerxencias para alertar de que a súa cuñada e o seu sobriño estaban desmaiados nunha vivenda da rúa Cortiña Vella, por unha posíbel fuga de gas dunha estufa. O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias-061, ao GES de Ponteareas, á Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Os efectivos desprazados ao lugar informaron de que non se trataba dunha fuga de gas senón que os afectados estiveran queimando carbón nunha lata sobre a cociña de butano e inhalaran o monóxido do fume.
Falece Nemesio Boente, ex concelleiro e líder do BNG de Ponteareas
Un cento de persoas lembran Amado Garra no aniversario do seu nacemento
Familiares e membros do Ateneo Amado Garra fixeron unha ofrenda floral en memoria do lider agrarista e republicano ponteareán.
O PP de Ponteareas e ACIP pactan un Goberno de coalición liderado por Nava Castro
Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas (PP): "Non se pode vivir da crítica do pasado, vou gobernar aportando solucións"
Un responsábel do BNG de Ponteareas denuncia un edil do Goberno local por chamalo "parapléxico"
Bolívar González, o que foi durante 17 anos concelleiro do Concello de Ponteareas (comarca do Condado) polo BNG, denunciou o actual membro da Corporación municipal Domingos Freitas tras chamalo "parapléxico" no pleno de investidura da actual alcaldesa, Nava Castro, o pasado mes de xuño. Tal como relata González na súa denuncia, foi durante a sesiónde constitución da nova corporación cando o denunciado dirixiuse "de forma pública no medio dunha disertación" cara ao denunciante, ordenándoo calar e cualificándoo de "parapléxico". Danse as circunstancias de que Bolívar González viuse obrigado a retirarse de toda actividade pública e laboral como consecuencia da deterioración de saúde que dificulta a súa mobilidader. "Estes feitos eran sobradamente coñecidos polo denunciado, tal e como reflicte un atestado policial do día dos feitos", subliñou González. El critica que case tres meses desde ese suceso non recibise unha desculpa ou unha mostra de arrepentimento por parte de Domingos Freitas, concelleiro de Independentes por Ponteareas que forma parte do goberno de Nava Castro (PP), ao ser o único edil non 'popular' que a votou para poder ser investida.
Denuncian unha suposta fraude con fondos europeos por parte do goberno do PP de Ponteareas
O PP de Ponteareas nega "prácticas caciquís" e acusa o PSOE de "non acatar os resultados electorais"
Desde o PP de Ponteareas trasladaron esta cuarta feira o seu "rotundo rexeitamento" ás "graves acusacións formuladas" polo grupo socialista, que avanzou que levaría á Fiscalía as supostas "prácticas caciquís" das que acusa a alcaldesa, Nava Castro. A rexedora defende que "non hai ningún familiar facendo tarefas nin ocupando instalacións municipais", malia que, afirmaron os conservadores, "cando sexa preciso" contará "para os seus asuntos particulares e persoais con quen queira". Pola contra, o PP pediu ao PSOE de Ponteareas que "cuestione o seu propio partido" e mencionou aspectos como unha reunión co delegado do Goberno estatal na Galiza en decembro de 2022 na que estivo o seu candidato nas municipais, Delfín Domínguez, "quen non era ningún cargo". Tamén ven "elucubracións malintencionadas" dos socialistas e cren que "non saben acatar os resultados electorais". "Sempre actuamos correctamente e respectamos, como non podía ser menos, que sometan calquera cuestión a criterio da Fiscalía, pero que non engadan comentarios malintencionados nin enlamen a práctica política", din.