O PP faise coa Alcaldía de Ponteareas da man de Nava Castro que gobernará en minoría

O PP chega así de novo á Alcaldía desta localidade do Condado máis de 20 anos despois.
A responsábel de Turismo da Xunta da Galiza, Nava Castro e agora alcaldesa de Ponteareas (Foto: Arxina).
photo_camera A responsábel de Turismo da Xunta da Galiza, Nava Castro e agora alcaldesa de Ponteareas (Foto: Arxina).

A candidata popular á Alcaldía de Ponteareas, Nava Castro, converteuse na mañá desta sábado de maneira oficial na alcaldesa da localidade.

Fíxoo tras lograr o apoio do se grupo na corporación así como o de Domingos Freitas, concelleiro de Independentes de Ponteareas.

Con todo, Castro gobernará en minoría os vindeiros catro anos xa que só conformarán o seu equipo de goberno os edís populares que non contan con maioría no consistorio.

O PP chega así de novo á Alcaldía desta localidade do Condado máis de 20 anos despois.

Candidata do BNG

A candidata do BNG, Cristina Fernández, aspiraba a facerse co bastón demando mais finalmente o voto de Independentes por Ponteareas foi determinante e outorgoulle a Alcaldía ao PP.

Así, a opción do BNG logrou 9 apoios pero quedou a dous votos da maioría absoluta, xa que os catro concelleiros de Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACIP), liderados por Juan Carlos González Carrera, votaron o seu candidato.

Castro xa foi alcaldesa de Ponteareas de 2000 a 2003, en substitución do seu pai, Pepe Castro (que foi rexedor desde 1979 por Alianza Popular e despois polo PP). Tras a saída de Castro, pasaron pola cadeira de brazos da alcaldía o socialista 'Pancho' Candeira, que estivo un ano e foi relegado por unha moción de censura, Salvador González Solla (PP), o falecido Xosé Represas (BNG) e Cristina Fernández (BNG).

Comentarios