INTERNACIONAL
Pere Aragonès (ERC): "Un pacto co PSC de hoxe é practicamente imposíbel"
30/abr./24
O próximo 12 de maio, a cidadanía de Catalunya escollerá a nova composición do Parlament. Nun escenario aberto con varias forzas que aspiran a liderar o novo Govern, o actual president da Generalitat, Pere Aragonès (ERC), aposta polo referendo, o financiamento e a consolidación do Estado de benestar como eixos da súa campaña.