Representantes do BNG, ERC, Junts, Sumar e Podemos apoian a nova viaxe da 'Flotilla da Liberdade' para levar axuda a Gaza

A previsión desta edición é que a 'Flotilla da Liberdade' parta con varios barcos o 18 de abril de Istambul, a capital de Turquía, con alimentos, medicinas e diverso material para asistir á poboación palestina.
Unha crianza palestina observa os cascallos no campo de refuxiados de Maghazi, no centro de Gaza (Foto: Dawood / Xinhua News).
photo_camera Unha crianza palestina observa os cascallos no campo de refuxiados de Maghazi, no centro de Gaza (Foto: Dawood / Xinhua News).

Representantes do BNG, de ERC, de Junts, de Sumar e de Podemos mostraron o seu apoio á organización da nova edición da denominada 'Flotilla da liberdade', que ultima unha nova viaxe a Gaza con axuda humanitaria para a poboación palestina.

Concretamente, reuníronse esta cuarta feira con voceiras de 'Rumbo a Gaza', entidade que forma parte da coalición internacional de organizacións que despregarán unha nova edición desta iniciativa, que xa se despregou no ano 2010 e cuxas embarcacións foron interceptadas entón polas autoridades israelís.

A previsión desta edición é que a 'Flotilla da Liberdade' parta con varios barcos o 18 de abril de Istambul, a capital de Turquía, con alimentos, medicinas e diverso material para asistir á poboación palestina. En total aspírase a levar 5.500 toneladas de axuda.

Representantes na reunión

Á reunión asistiron o deputado do BNG, Néstor Rego, o portavoz de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, o parlamentario de Podemos, Javier Sánchez Serna, a deputada de Junts, Pilar Calvo, e unha representación de Sumar con Enrique Santiago, Toni Valero, Engracia Rivera, Félix Alonso e Tesh Sidi.

Fontes presentes na reunión informaron que as voceiras de 'Rumbo a Gaza' pediron á representación destes grupos parlamentarios que se mobilicen e se dirixan a todas as Administracións a nivel estatal e internacional, para impedir que a flotilla sexa "asaltada" polo Exército de Israel e facilitar que se garanta a seguridade das activistas de todas as nacionalidades que viaxan.

Comentarios