Ricardo Suárez
10/mar./23 20:39
Os actos polo Día da Clase Obreira Galega ficaron marcados polas mobilizacións sindicais e máis a proposta do Executivo do Estado español de desenvolver unha reforma das pensións para desenvolver un modelo dual no que as persoas traballadoras poderían escoller para o cómputo das súas xubilacións entre o cálculo a partir dos últimos 25 anos cotizados ou ben dun total de 29 anos dos que se poderían excluír os dous peores. A CIG alerta dun recorte nas prestacións por xubilación.