Tanxugueiras, Touriñán, Freixanes... Medio cento de voces pronúncianse a favor do galego no Congreso nun manifesto

O manifesto 'Queremos galego tamén no Congreso', impulsado por medio cento de voces de diferentes ámbitos da sociedade galega, apoia a oficialidade da lingua na Cámara baixa española e critica a postura do PP, ao que emprazan a rectificar a súa oposición a este dereiito.

Vista xeral do hemiciclo do Congreso. (Foto: Europa Press)
photo_camera (Foto: Europa Press)

A oficialidade do galego no Congreso é un importante avanzo que “permitirá achegar a nosa lingua a un ámbito institucional onde até o de agora non estaba permitido o seu emprego”. Así comeza Queremos galego tamén no Congreso, o manifesto publicado esta cuarta feira e impulsado por medio cento de nomes dos diversos ámbitos da sociedade galega, desde o deporte até a música, desde a universidade e o sindicalismo ao xornalismo, a literatura ou o cinema e o teatro, pasando pola xudicatura, a defensa da lingua ou a artesanía.

As persoas asinantes do manifesto parabenizan que o galego sexa oficial na Cámara Baixa española, lembrando que a situación existente até o de agora era unha “anomalía democrática” que vén de ser correxida, “o que non podemos máis que valorar positivamente”.

No manifesto tamén se fai un chamado aos deputados e deputadas galegas no Congreso a empregar a partir de agora a lingua propia da Galiza nas súas intervencións nesa cámara, en todas elas, como mostra de “compromiso co país” e paso cara ao seu “prestixio e normalización”.

“Agardamos que as nosas e os nosos representantes na Cámara Baixa sexan consecuentes co compromiso co seu país e que empreguen a lingua galega a partir de agora en todas as intervencións que realicen, contribuíndo desta maneira non só ao seu coñecemento e divulgación, senón tamén ao seu prestixio e normalización”.

Por último, as persoas asinantes mostran a súa disconformidade co posicionamento do Partido Popular, contrario a que o galego sexa oficial no Congreso. Unha decisión que, indican no texto, “non por agardada é menos dolorosa. Máis aínda cando pensamos que é o Partido Popular quen mantén o goberno galego que ten entre as súas obrigas, segundo se desprende do noso Estatuto de Autonomía, a de potenciar a súa presenza e uso en todos os ámbitos”.

Neste sentido, emprazan o PP a cambiar o seu posicionamento e que tamén se sume ao resto de forzas políticas para apoiar esta modificación do Regulamento do Congreso”.

Asinantes:

Henrique Alvarellos. Presidente da Asociación Galega de Editoras.
Carlos Amoedo. Presidente de Praza Pública.
Xosé Luis Armesto Barbeito. Reitor UDC (2012-2016).
José María Barja. Reitor UDC (2004-2011).
Mercé Barrientos. Presidenta da Federación Galega de Taekwondo (2003-2014) e Directiva e fundadora de MUDEGA.
Marta Bobo Arce. Ximnasta Olímpica, Xogos de 1984 (Os Ánxeles, EEUU).
Quico Cadaval. Teatreiro.
Marica Campo. Escritora.
Paula Carballeira. Actriz e escritora.
Paulo Carril. Secretario Xeral da CIG.
Xosé Manuel Carril. Presidente de Galiza Cultura, a Federación de Asociacións Culturais Galegas.
Gustavo César Veloso. Exciclista profesional e director deportivo.
Xoan Costa. Presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza. 
Ledicia Costas. Escritora.
Alba Cuba. Adestradora e subcampeona Estatal junior de declatón.
Xabier Díaz. Músico.
Paula Domínguez “Pauleta”. Futbolista galega, actual capitana do Benfica.
Dalila Dopazo Blanco. Maxistrada do xulgado do social n° 3 de Lugo e membro do IXUGA.
Cristina Fernández Piñeiro. Primeira muller arbitra de Balonmán en Europa.
Elena Ferro. Zoqueira.
Ana Isabel Filgueiras Rei. Arqueóloga.
Víctor Freixanes. Presidente da RAG.
Pilar García Negro. Docente e escritora.
Leandro Lamas. Pintor.
Margarita Ledo Andión. Directora de cinema.
David Lombao. Director de Praza Pública.
Anxo Louzao. Coordinador de Vía Galega.
Marcos Maceira. Presidente da Mesa.
Olaia Maneiro. Tanxugueiras.
Sabela Maneiro. Tanxugueiras.
Almudena Marcos Maroño. Responsábel Museo do Humor de Fene.
Xaquín Marín. Humorista gráfico.
Salustiano Mato de la Iglesia. Reitor UVIGO (2010-2018).
Isabel Naveira. Actriz.
Carlos Negro. Docente e escritor.
María Obelleiro. Directora de Nós diario.
Xabier Queipo. Escritor.
María Reimóndez. Escritora.
Isabel Risco. Actriz.
Manuel Rivas. Escritor, xornalista, guionista.
Ana Romaní. Xornalista e escritora.
Marga Romero (Marga do Val). Escritora.
Xurxo Salgado. Director de Galicia Confidencial.
Cesáreo Sánchez Iglesias. Presidente da AELG.
Iria Sobrado. Actriz.
Fernanda Tabarés. Xornalista.
Aida Tarrío. Tanxugueiras.
Suso de Toro. Escritor.
Xosé A. Touriñán. Actor e presentador.
Uxía. Cantora e compositora.
Vitor Vaqueiro. Escritor.
Patricia Varela. Presidenta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
Juan Viaño Rey. Reitor USC (2014-2018).

Comentarios