O Trail Andaina e Ribeiras do Tambre terá catro categorías

O certame alcanza a súa quinta edición o próximo domingo 17 de marzo.
A proba será o 17 de marzo. (Foto: Concello de Ames).
photo_camera A proba será o 17 de marzo. (Foto: Concello de Ames).

O Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que percorrerá o concello desde A Ponte Maceira até o Real Aeroclub de Santiago, alcanza a súa quinta edición o próximo domingo 17 de marzo baixo a organización do Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo.

Nesta ocasión, no trail longo haberá catro categorías: sénior (persoas que teñan máis de 18 anos cumpridos o día da proba), Máster-1 (de 35 a 40 anos), Máster-2 (de 41 a 49 anos) e Máster-3 (máis de 50 anos), todas elas abertas tanto a homes como a mulleres.

Pola súa parte, no trail longo estabelécense tres categorías: sénior (para deportistas nadas no ano 2006 ou antes), Sub-18 e Sub-16.

Con respecto á andaina, nesta non se determinarán categorías de participación, pero as atletas menores de idade -desde os 12 anos en diante- terán que ir acompañadas en todo momento por unha persoa adulta.

A Ponte Maceira será o punto de saída, tanto para o trail como para a andaina. Ás 10 horas partirán os e as corredoras da primeira modalidade antedita, percorrendo unha distancia de 16 quilómetros até a meta instalada no Real Aeroclub de Santiago, concretamente nas instalacións que teñen na parroquia de Piñeiro. Cinco minutos despois, ás 10.05 horas, procederase á saída da andaina, que tamén rematará no Aeroclub.

Comentarios