Luis Rubiales anuncia que non dimitirá e carga contra o feminismo

Durante a Asemblea extraordinaria da Real Federación Españoal de Fútbol o seu presidente, Luis Rubiales anunciou que non dimitirá.
O presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales (Foto: Oscar J. Barroso / Afp7 / Europa Press).
photo_camera O presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales (Foto: Oscar J. Barroso / Afp7 / Europa Press).

Durante a Asemblea extraordinaria da Real Federación Españoal de Fútbol o seu presidente, Luis Rubiales anunciou que non dimitirá.

Durante o seu discurso, Rubiales xustificou as súas accións durante o Mundial de Fútbol, e reiterou que o bico a Jenni Hermoso foi “totalmente consentido”.

"Aínda que se estea vendendo outra cousa, non hai desexo e non hai posición de dominio [no bico]. Aínda que se estea vendendo outra cousa en moitos dos medios, tanto os que están dominados ou vendendo pleitesía ao señor Tebas, como os que están a render pleitesía ao falso feminismo, que é unha gran plaga neste país. Foi un bico espontáneo, mutuo, eufórico e consentido, que esta é a chave, esta é a chave de todas as críticas", explicou Rubiales durante a Asemblea Xeral Extraordinaria da RFEF.

"Jenni dixo que era unha anécdota e demais. Da anécdota, do non pasa nada, empezan todas estas presións, pásase ao silencio da xogadora e despois a un comunicado que a verdade eu non termino de entender. Aquí non se está tratando de facer xustiza, iso é falso, está a executarse un asasinato social a min, estáseme tratando de matar", denunciou Rubiales.

Para alén diso, anunciou que denunciará ante a xustiza as “difamacións” que sufriu por parte de políticas como Yolanda Díaz ou Irene Montero.

“Isto é falso feminismo”, reiterou en varias ocasións o presidente da federación ao tempo que indicou que “estou sufrindo unha auténtica cacería”.

Tamén defendeu a súa xestión á fronte da Federación indicando que “nunca ninguén fixo máis a favor do fútbol feminino e iso é o verdadeiro feminismo”.

Máis en DEPORTES
Comentarios