xornalismo

Estudio da Radio Galega.
Defende a Galega

"Apagada informativa" na Radio Galega coa precampaña: "O nesgo dos contidos é comprobábel"

O colectivo Defende a Galega denuncia un recorte no tempo dedicado á información n'A Crónica e o control dos contidos que se emiten nos boletíns, que ven "nesgados".
O director de 'Al Jazeera' en Gaza, Wael Al-Dahdouh, reza diante dos corpos dos membros da súa familia asasinados por Israel, esta quinta feira. (Foto: Omar Ashtawy / Zuma Press)
INTERNACIONAL

Os primeiros tanques israelís invaden o norte de Gaza, que conta xa 3.000 crianzas asasinadas

Poucas horas antes de que a cifra de crianzas palestinas asasinadas se elevara a case 3.000, os primeiros tanques israelís entraron na Faixa de Gaza nunha incursión breve. Pola súa parte, nove países árabes condenaron conxuntamente os ataques contra civís palestinos.
O xornalista de 'Al Jazeera' Wael Al-Dahdouh chora pola morte das súas tres crianzas, esta quinta feira, na cidade gazatí de Dair El-Balah. (Foto: Omar Ashtawy / Zuma Press)
Xornalismo

Israel trata de silenciar os xornalistas con bombas: 22 mortos desde o 7 de outubro

"Este tipo de ataques equivalen a empregar tácticas terroristas contra xornalistas para silencialos", denuncia o xornalista Wael Al-Dahdouh, a quen lle mataron tres familiares.
O biólogo estadounidense Michael Eisen. (Foto: eLife)
redes sociais

Despedido por rechouchiar unha publicación irónica que defendía a poboación palestina

Michael Eisen, biólogo computacional estadounidense e de relixión xudea, foi despedido como redactor xefe da prestixiosa revista científica 'eLife' após compartir nas redes sociais unha publicación da satírica 'The Onion'.
Cartel en lembranza de Mahsa Amini (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

Irán condena a cadea dúas xornalistas que informaron da morte de Mahsa Amini

Un tribunal iraniano condenou a seis e sete anos de cadea ás xornalistas Elahe Mohammadi e Niloofar Hamedi.
Xoán Costa, María Antonia Pérez e María Obelleiro interviron esta sexta feira nun acto no que A Nave de Vidán ficou pequena. (Fotos: Arxina)
Número 1.000 de 'Nós Diario'

'Nós Diario' arranca os actos de celebración dos 1.000 números: "Ninguén imaxinaba que chegariamos até aquí; agora queremos seguir medrando"

Nós Diario achégase ao seu número 1.000. E Sermos Galiza S.A., empresa promotora do xornal, quere aproveitar a data para consolidar o proxecto e asentalo no futuro. O programa de actos desta efeméride arrancou esta sexta feira en  Compostela.
Leopoldo López, en primeiro plano, xunto a Juan Guaidó. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sindicatos, partidos políticos e outras organizacións claman contra un coloquio de Leopoldo López en Vigo

O dirixente venezolano visitará a cidade olívica a vindeira segunda feira.
Mussa'ab Bashir informando desde a Faixa de Gaza en 2016. (Foto: Nós Diario)
Voces de Palestina

Mussa'ab Bashir, xornalista nado na Faixa de Gaza: "Até que non haxa resposta popular poderán chegar onde sexa"

O xornalista nado en Gaza e residente no Estado español Mussa'ab Bashir conversa con Nós Diario xusto cando ultima un vídeo dirixido aos habitantes dos kibbutz que foron atacados por Hamas para que comprendan o contexto do que acontece, posto que "non saben nada da poboación histórica" de Palestina.
Gonzalo Pérez Xácome, durante un pleno municipal. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Agora

O Colexio de Xornalistas volve reprobar o alcalde de Ourense após atacar unha xornalista

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza trasladou esta segunda feira, "unha vez máis", o seu rexeitamento a un "novo trato despectivo" do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, cara a unha profesional da comunicación, logo de sinalar publicamente a xornalista de La Voz de Galicia Ruth Nóvoa, "vítima duns ataques e insultos nos que á impertinencia e á completa falta de respecto súmase unha certa compoñente sexista que fai aínda máis impropia e condenábel" a conduta do rexedor, censuran desde o Colexio. "Xa é tempo de que o rexedor cese por completo a súa estratexia de desprezos reiterados cara aos e ás profesionais do xornalismo, completamente intolerábeis nun cargo público", engaden.
Alberte Mera (segundo pola esquerda), con Martxelo Otamendi, Gemma García e Jordina Salvat. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O subdirector de Nós Diario debate en Catalunya sobre o estado dos medios de comunicación

Alberte Mera compartiu palestra con Martxelo Otamendi (Berria) e Gemma García (La Directa).

O xornalista Jorge Lamas (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Jorge Lamas: "Non se entende Vigo sen a burguesía, a cidade romana ou o prezo que pagamos para medrar"

Jorge Lamas, xornalista, vén de publicar 'Da calzada ao casco vello de Vigo' (Xerais), unha obra construída a través de tres percorridos pola historia, a arquitectura e a vida da cidade. 
Digna Faraldo Purriños foi a gañadora do sorteo realizado esta terza feira (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Os pasatempos de 'Nós Diario' premian unha lectora cunha escapada de turismo rural

O sorteo tivo un grande éxito xa que se recibiron un total de 759 respostas correctas, e a gañadora, a través do sorteo decorrido esta terza feira na redacción de 'Nós Diario', foi Digna Faraldo.
María Teresa Campos, na gala dos Premios Ondas 2019. (Foto: José Irún)
Obituario

Falece a xornalista María Teresa Campos

Fora ingresada o domingo en estado grave por unha insuficiencia respiratoria.
8 xosé de cea
Contracultura

Xosé de Cea, autor do relato 'A cámara estéril': "A ansiedade do protagonista é a ansiedade coa que eu vivín a profesión nos meus inicios"

O caderno de verán Máis, que acompaña Nós Diario, achega desde esta terza feira ao sábado o relato inédito A cámara estéril que Xosé de Cea escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, afonda sobre as luces e sombras do xornalismo nunha historia que cuestiona a ética da profesión cun estilo narrativo que remove as emocións a través do ton lírico.
 
Membros do primeiro Padroado da Casa de Rosalía de Castro con Gala Murguía. "Borobó" é o segundo pola dereita.
star
CULTURA

20 anos sen 'Borobó', mestre de xornalistas

O vindeiro día 28 de agosto fanse vinte anos do falecemento de Raimundo García 'Borobó', unha figura fundamental do xornalismo galego do século XX, mais tamén un dos grandes defensores da cultura galega nunha época -a da ditadura- na que se arriscaba moito, mesmo a vida, no apoio a visións do mundo que contrariasen o réxime fascista. 
 
Plenario da cimeira entre a Unión Europea e a Celac, en Bruxelas, Bélxica. (Foto: Dario Pignatelli / European Council)
SOCIAL

Así reaccionou a prensa internacional ao acordo que torna o galego, catalán e euskera oficiais na UE

Eis unha pequena escolma de titulares e noticias de medios de comunicación de diferentes Estados sobre a posibilidade de uso das linguas oficiais nas institucións europeas.
O xornalista Pepe Seijo.
Obituario

Falece o xornalista Pepe Seijo

Seijo, de 57 anos, estaba traballando nos informativos cando faleceu de maneira repentina.
Instalacións da CRTVG en San Marcos, Santiago de Compostela (Foto: CRTVG).
Xornalismo

Preocupación entre o persoal da CRTVG por un ciberataque que deixou secuelas: que se sabe do 'hackeo'?

A CRTVG rexeita ante as preguntas de 'Nós Diario' ofrecer información concreta sobre a magnitude dos danos e limítase a afirmar que "a maioría dos sistemas xa funcionan como antes do ataque".
Tomeu Martí i Florit, no estudo de 'Ona Mediterrània'. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Tomeu Martí, xornalista: "PP e Vox partillan o discurso de reducir o catalán ao mínimo"

Tomeu Martí i Florit é o director do 'Diari de Balears' e da emisora radiofónica 'Ona Mediterrània'. Entrevistámolo co gallo da súa visita ao país convidado pola Fundación Galiza Sempre e mais a Fundación Coppieters.
Xavier García cubrindo a Asemblea Nacional en Beijing (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Xavier García, xornalista e profesor: "A China respecta máis as minorías que España"

Xavier García (Vigo, 1965) é un dos analistas galegos que máis coñece a China. Reside nela tras abandonar o xornalismo tradicional e conta a realidade dese país de Oriente na obra  'China, amenaza ou esperanza. A realidade dunha revolución pragmática', prologada por Xulio Ríos.