Irán condena a cadea dúas xornalistas que informaron da morte de Mahsa Amini

Un tribunal iraniano condenou a seis e sete anos de cadea ás xornalistas Elahe Mohammadi e Niloofar Hamedi.
Cartel en lembranza de Mahsa Amini (Foto: Nós Diario).
photo_camera Cartel en lembranza de Mahsa Amini (Foto: Nós Diario).

Un tribunal iraniano condenou a seis e sete anos de cadea ás xornalistas Elahe Mohammadi e Niloofar Hamedi por informar da morte baixo custodia da moza kurda-iraniana Mahsa Amini en setembro do ano pasado, supostamente por levar mal posto o velo, nun incidente que unha onda de protestas populares en Irán.

As dúas reporteiras foron condenadas por unha variedade de delitos nun caso que aínda pode presentar ante o Tribunal de Apelacións. Porén, se esta corte sentenza na súa conta, deberán cumprir a pena de cadea, especifica este domingo a axencia iraniana Mizan.

Desta maneira, Mohammadi cumpriría a pena correspondente ao máis severo dos delitos dos que foi acusada, seis anos de cadea por “cooperar co hostil Goberno de Estados Unidos”. A xornalista, non obstante, tamén foi condenada por conspirar para delinquir contra a seguridade do Estado (cinco anos de cadea) e por propagar actividades contra o Estado iraniano (un ano de cadea).

Niloofar Hamedi cumpriría sete anos de cadea pola cooperación cos EUA, mais tamén foi declarada culpábel dos outros dous mesmos delitos que a súa compañeira, segundo o dítame do Tribunal Revolucionario de Teherán.

A axencia de novas iraniana ISNA subliña que, xa sexa porque o Tribunal de Apelacións ratifique as súas condenas ou ben porque ambas xornalistas acepten as decisión do tribunal, as penas máximas serán de seis e sete anos para Mohammadi e Hamedi.

O Tribunal Revolucionario tamén condenou as dúas xornalistas a dous anos de inhabilitación para calquera afiliación a forzas políticas, grupos civís e actividades en Internet, prensa escrita ou calquera outro medio de comunicación.

Hamedi foi a primeira xornalista en informar sobre o caso de Amini desde o hospital no que permanecía en coma, difundindo imaxes da familia da moza rodeando a cama do centro sanitario no que se atopaba.

Pola súa parte, Mohammadi escribiu unha reportaxe sobre o funeral da moza e foi acusada polo Estado iraniano de recibir adestramento como axente estranxeira.

Comentarios