ECONOMÍA
A patronal galega, a favor dunha taxa turística en Compostela para "estar en igualdade" cos lugares onde xa existe
16/xul./24
"É algo que está estabelecido xa noutros lugares, e por que non en Santiago", sinala Juan Manuel Vieites ao termo dunha reunión coa alcaldesa.
Consello da Xunta
Rueda, sobre a taxa turística: "Pode dar a imaxe non real dunha Galiza masificada, e non é así"
08/xul./24
O Goberno galego non se opón, de inicio, a un imposto autonómico sobre o turismo, tal e como lle reclaman concellos como o de Compostela, mais non é prato do seu gusto. Así o veu recoñecer esta segunda feira o presidente galego, Alfonso Rueda, que dixo que este gravame "pode dar a imaxe non real dunha Galiza masificada e non é así". Compostela, o Concello que remitiu á Xunta o informe coa proposta para este tributo, soporta a presión turística máis alta do Estado.
Turismo
A Xunta acusa Compostela de "deslealdade institucional" e nega que na Galiza haxa "masificación" turística
04/xul./24
Fontes municipais, con todo, incidiron en que Merelles estaba convidado o acto de presentación desta quinta feira, pero declinou asistir. A Xunta, pola súa oarte, sostén que a convocatoria chegou "con menos de 24 horas de antelación".
Taxa turística
Así é a taxa que propón Compostela para "reequilibrar" os efectos da presión turística e recadar até 3 millóns de euros
04/xul./24
O imposto sobre estadías turísticas en Compostela permitiría recadar 3 millóns de euros anuais, unha cantidade que se destinaría a "corrixir os efectos non desexados da turistificación na cidade" e que se aplicaría cun modelo de xestión "transparente" no que participen a cidadanía, institucións, e sectores sociais e económicos. Estas son algunhas das chaves da proposta de imposto turístico presentado esta quinta feira polo Goberno local.
POLÍTICA
Rueda, contra as taxas turísticas: "Non nos peguemos tiros no pé"
14/xuño/24
O presidente da Xunta volve posicionarse en contra de gravar o turismo e alerta dos "discursos de turismofobia" que percibe na Galiza.
Agora
As Canarias saen á rúa para reclamar a fin da masificación turística
19/abr./24
Nas Canarias, o modelo turístico levou a que cada vez máis persoas se vexan obrigadas a vivir en chabolas, covas e incluso nos seus vehículos pola alza da vivenda causada por, entre outros, polo avance dos pisos turísticos. Neste sentido, as oito illas desenvolverán o sábado mobilizacións para protestar por este modelo, a masificación e a falta de protección de residentes e natureza, instando a frear o crecemento de aloxamentos turísticos.
SOCIAL
O DEBATE | Débese de cobrar unha taxa a turistas polo acceso a espazos públicos?
02/mar./24
A proposta do alcalde de Sevilla de cobrar entrada a visitantes polo acceso á emblemática praza de España reaviva o debate sobre turismo e espazos públicos.
Turismo
Compostela defenderá en Fitur un modelo turístico "sostíbel, responsábel e con valor engadido"
22/xan./24
A alcaldesa confía en implantar a taxa turística antes do remate do ano.
SOCIAL
Joan Sales, doutor en Demografía: "Non por vir camiñando, o turismo é menos perigoso"
02/nov./23
O doutor en Demografía pola Universitat Autònoma de Barcelona e experto en xentrificación, Joan Sales, visitou Compostela esta semana. Nesta entrevista, defende a aplicación dunha taxa turística para a capital galega e aborda as problemáticas que provoca o turismo e o debate que xera.
POLÍTICA
Compostela debate sobre o modelo turístico: "Hai que reequilibrar o custo de sermos un dos destinos máis cobizados do país"
20/out./23
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, abriu a xornada defendendo a necesidade de definir un novo modelo turístico "que sexa compatíbel coa vida das persoas que vivimos e traballamos aquí".
Entrevista
Míriam Louzao, edil de Turismo de Santiago: "A taxa turística é parte dun modelo de máis calidade"
19/out./23
O Pazo de Fonseca acolle mañá un foro de análise organizado polo Concello de Compostela para avanzar no deseño dun novo modelo turístico. Na véspera da xornada 'O impacto turístico nas cidades. Taxa turística e outros instrumentos de xestión', Nós Diario conversa coa concelleira de Turismo, Míriam Louzao.
Turismo
A taxa turística, a debate en Santiago nun foro internacional
16/out./23
O Salón Nobre do Pazo de Fonseca da capital galega acollerá esta sexta feira, a partir das 9.15 horas, a xornada de debate 'O impacto do turismo nas cidades', aberta a todo o público.
POLÍTICA
Goretti Sanmartín consegue que a Xunta da Galiza acepte a taxa turística para Compostela
02/out./23
Goretti Sanmartín (BNG), alcaldesa de Compostela, abriu esta segunda feira a rolda de contactos que o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, manterá coas Alcaldías das principais cidades do país.
POLÍTICA
As consecuencias da presión turística e a capitalidade de Santiago, chaves da reunión entre Rueda e Sanmartín
30/set./23
A taxa turística, unha cuestión que desde hai anos paira sobre a capital galega, será unha das principais demandas que a alcaldesa transmitirá ao presidente da Xunta.
star
Análise
O debate da taxa turística
27/set./23
Carmela Sánchez Carreira é profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compospela.
POLÍTICA
Sanmartín e Pontón urxen á Xunta máis financiamento e a taxa turística para Santiago
21/set./23
"Pasou o tempo das promesas e é necesario que a Xunta se comprometa con Santiago", salienta a líder do BNG, que pide ao Goberno galego que "cumpra" coa capital.
POLÍTICA
A Xunta evita apoiar a taxa turística para Compostela
06/set./23
A iniciativa para a implantación dunha taxa turística en Compostela chegou esta cuarta feira ao Parlamento da Galiza. Mentres o promotor da mesma, o deputado nacionalista Daniel Pérez, defendeu as vantaxes da taxa, o director xeral de Turismo da Xunta da Galiza, Xosé Manuel Merelles, apostou polo silencio no debate dentro dunha ambigüidade calculada.
POLÍTICA
Taxa turística, vivenda e capitalidade, no prego de demandas da alcaldesa de Santiago ao presidente da Xunta
02/set./23
Sanmartín confirma que o Concello de Santiago acudirá á reunión co presidente da Xunta de Galiza coa proposta de lei da taxa turística.