star
Cinema
Aloitadores pola identidade dun pobo: 'Rapa', de Alejandro Enríquez, chega aos cinemas
02/abr./24
O filme 'Rapa', que vén de estrearse estes días en varias localidades galegas, olla a rapa das bestas de Sabucedo (A Estrada, Terra de Montes) cunha mirada renovada. Non se trata de volver unha vez máis destacar o combate simbólico entre o ser humano e a besta, senón de observar o que ninguén ve: a comunidade que está detrás, defendendo unha forma de vida que lle outorga identidade.