Os cabalos do monte, imprescindíbeis para a conservación da paisaxe galega

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo leva tres anos traballando nun modelo novo de xestión e valorización do sistema de manexo tradicional dos cabalos bravos da Galiza. A posta en marcha dun grupo operativo de innovación permitiulles desenvolver diferentes solucións tecnolóxicas para a conservación das bestas e dos ecosistemas que habitan. O modelo experimental, cofinanciado pola Xunta e fondos Feader, preséntase como unha oportunidade de uso compartido por todas as comunidades de montes do país.
bestas do monte sabucedo Daniel-Chiri-2
photo_camera [Imaxe: Daniel Chiri-Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo] As bestas do monte teñen un impacto positivo na preservación da paisaxe e do medio agroforestal
Comentarios