país

Premio_Facer_Pais_-_a mesa
LINGUA

Unha Mesa premiada por 'Facer país'

A Mesa pola Normalización Lingüística foi recoñecida cunha homenaxe en Láncara polo seu traballo e compromiso a prol do país desde 1986. Recibiu o premio 'Ramón Piñeiro Facer País' que organiza a Asociación Cultural 'Val de Láncara'.

vence_capa
POLÍTICA

O BNG chama os concellos do País a unha ''rebelión cívica'' contra a ''doutrina do shock'' do PP

Presentará mocións en todos os municipios onde ten representación inspiradas no "espírito de Riotorto" contra medidas coma o repagamento dos fármacos porque "queremos que a Xunta desobedeza a Madrid e siga a cubrir medicamentos que hoxe teñen asignación orzamentaria pública".

O mellor país do mundo

Un equipo australiano da National Geographic meteu a un dos seus nun cadaleito dos que pasean na procesión de Santa Marta de Ribarteme, cámara incluída, para rodar un documental sobre a festa que ocupa o segundo lugar das máis raras do mundo na listaxe do xornal británico The Guardian.

Obradoiro
Galiza

Faixas por toda Galiza reclaman soberanía

Concentracións nas sete cidades e en numerosas vilas reclamaron independencia nunha acción sorpresa de "Galiza pola soberanía". Neste 12 de outubro, faixas inmensas penduráronse en lugares emblemáticos para facer pública a vontade de construción dun Estado galego, nunha xornada na que o Estado español conmemora o histórico imperialismo español. Na rede publicouse o vídeo "Desperta do teu sono", elaborado de maneira colectiva. Vídeo no interior. 

Posición excluínte ou posición de país?

Quen nos ía dicir a moitas e moitos de nós hai só un par de anos que os debates iniciados en Madrid a mediados de 2011 no seo de Izquierda Unida e formulados logo como propostas de actuación de estratexia política na X Asamblea de IU acabarían por ser abrazados con verdadeiro fervor por irmáns nosos, algúns deles portadores dunha pancarta que pide independencia e socialismo! O noso país na folla de ruta de Izquierda Unida! Sinceramente, para chegar a ese porto non facía falla tan longa travesía. O PCG xa se fundou en París en 1968. 

Incendio
SOCIAL

Chaman a sementar hoxe en Compostela as bases dun país sen lumes e cun rural con futuro

A manifestación, convocada pola asociación Monte Pindo, exixe un cambio na "nefasta" política forestal e ambiental da Xunta e fai un chamamento a apostar polo desenvolvemento sustentábel do rural.

Països Catalans

Deputada do PP nas Illes ameaza a nais e pais con lles quitar a custodia das crianzas se seguen coa greve do ensino

Publicou un chío no Twitter coa advertenza dando por certo o que conta un columnista de 'El Mundo' que define a greve como unha ''tropa soberanista nutrida de descerebrados'. O protesto iniciouse hai máis dunha semana após a aprobación do decreto do 'Tratamento integral das linguas', que reserva para o catalán nas aulas a mesma porcentaxe, o 33%, que para español e inglés. 

POLÍTICA

BNG e CxG concordan na importancia de construír unha candidatura en chave de país

Ambas as organizacións reuníronse esta cuarta feira para achegar posturas arredor dunha candidatura unitaria ás europeas.

Tempo Catro
CULTURA

Tempo Catro cantou a Rosalía no Jofre nun espectáculo que xirará agora polo país

Toda a paixón e o compromiso social e patriótico de Rosalía deitado en música. Esa é a proposta de Tempo Catro, que apresentou o seu traballo "Os Ollos que falan" esta sexta feira no Teatro Jofre, en Ferrol.

Galiza

Por problemas técnicos, o número 65 do Sermos Galiza non chegará ao conxunto do país até esta sexta feira

Problemas técnicos, que lamentamos sinceramente, impediron esta quinta feira que o número 65 de Sermos Galiza chegase con normalidade á totalidade dos pontos de venda habituais.

Galiza

No nº65 andamos o que queda do Monte Pindo e ofrecémosche a crónica da destrución dun País

Analizamos o recurso de casación que a defensa d@s catro independentistas xulgad@s en xuño na Audiencia Nacional española presentará perante o Supremo; contámosche os intereses de Alemaña en Pescanova. Todo isto e moito máis, en 32 páxinas.

SOCIAL

“Non se pode lamentar que Galiza arda e aprobar leis que favorezan que se queime o país”

A Asemblea Galega contra o Lume presentou á Xunta 10 medidas para un combate” eficaz” contra os incendios. Unhas propostas apoiadas polas máis de 2.000 sinaturas recollidas nestes días nos que os incendios arrasan boa parte das comarcas do país: Barbanza, Baixo Miño, Valdeorras...

[Imaxe: Manuel Cores]
Galiza

Arde o sur do país

Os incendios no Barbanza e Baixo Miño deixan 500 persoas despexadas no polígono de Ribeira e máis de 2.000 hectáreas ardidas entre Oia, O Rosal e Tomiño

Ao vivo

Liska!: “A música ten que estar ao servizo deste país”

Liska! son  Manolo, Byktor, Diego, Chanquete, Martín, Paula, Alba, Álex, Candi e Chino. Unha banda de ska viguesa que está a piques de sacar o seu primeiro disco. Xa podes escoital@s en RadioSermos.

Galiza

Folga indefinida nos parques de bombeiros privados do país

O paro comezará o vindeiro 28 de agosto e supón unha ferramenta de loita contra "a impunidade", denuncian, coa que as empresas concesionarias pretenden mudar as condicións laborais d@s traballador@s

vivendas baleiras
ECONOMÍA

Galiza, o país das 300.000 vivendas sen habitar

No noso país hai 1.606.000 vivendas, das cales case o 19% están sen habitar. A porcentaxe máis alta de todo o Estado.

Galiza

Centos solidarízanse coas vítimas do Alvia nas estacións de comboios do país

O pobo galego quixo render homenaxe ás vítimas do sinistro de Angrois enchendo as estacións ferroviarias de solidariedade

Fruga
Galiza

Fruga dá pasos no proceso de dotar a Galiza dunha posición de país ante a nova PAC

Non podemos ficar de brazos cruzados mentres desde Bruxelas se toman decisións que atinxen o noso medio rural. Esa é a ideia forza que move a Fruga a abrir debates visando que Galiza se dote dunha posición de país ante a nova PAC.

Gallardón
SOCIAL

Gallardón impón a custodia compartida aínda contra a vontade das nais e dos pais

Na reforma do Código Civil que aprobou o Concello de ministr@s a mediación familiar aparece como procedemento preferente para resolver conflitos pola custodia das crianzas

OPINIÓN

Carlos Lorenzo Simon, "Raúl Piñeiro: Traballar polo país"