No nº65 andamos o que queda do Monte Pindo e ofrecémosche a crónica da destrución dun País

Analizamos o recurso de casación que a defensa d@s catro independentistas xulgad@s en xuño na Audiencia Nacional española presentará perante o Supremo; contámosche os intereses de Alemaña en Pescanova. Todo isto e moito máis, en 32 páxinas.

  • No Tema da Semana viaxamos até o Monte Pindo e andamos o que queda del após o lume arrasar este espazo natural, un dos máis importantes da Galiza, despois de que a Xunta negase a súa declaración como Parque Natural. Escribimos a crónica da destrución dun país
     
  • Nas páxinas de Galiza analizamos o recurso de casación que presentará perante o Tribunal Supremo a defensa d@s catro independentistas xulgad@s en xuño na Audiencia Nacional española. Aliás, as familias valoran a sentenza que @s condena a 56 anos de prisión e outros 36 de liberdade vixiada
     
  • E procuramos unha valoración da mobilización pola soberanía convocada polo Bloque e realizada este 15-S en Compostela. Falamos con Bieito Lobeira, secretario de organización e repasamos, en imaxes, o clamor pola independencia
     
  • Nas páxinas de Social percorremos os ángulos mortos de Inditex e contámosche as condicións en que a multinacional que preside Amancio Ortega contrata traballador@s para a montaxe das tendas de Zara no estranxeiro
     
  • Pescanova protagoniza máis unha vez a nosa sección de Economía. A multinacional afástase da Galiza cun novo consello de administración foráneo que a coloca perto de Alemaña
     
  • Sabes que son os Wearables? Contámoscho na sección de Tecnoloxía
     
  • A estratexia do Estado español contra o independentismo catalán pasa por unha alianza con Bruxelas. Todas as chaves, na páxina de Internacional
     
  • En Deportes falamos co xadrecista galego Iván Salgado, campión do Estado. Queres saber algo máis sobre este deporte e sobre a súa situación na Galiza? Non perdas a conversa coa que nos agasallou
     
  • Adiantámonos un chisco ao festival Espazos Sonoros e nas páxinas de Cultura sentamos diante dun órgano, patrimonio esquecido en moitos templos do País e precisan de atención urxente como primeiro paso para a súa conservación
     
  • O entrevistado desta semana na sección de Cultura é Jorge Llorca, escritor ferrolán que vén de gañar o premio Blanco Amor coa obra O violín de Rembrandt
     
  • A nosa Okapi xoga no Courel con xoguetes de refugallo da man da empresa Garabato de Xogos, dedicada á súa recuperación... ou a os inventar!
     
  • Na Contracapa conversamos coa editora Gemma Sesar
     
  • Crítica literaria [Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga], crítica cinematográfica [Baixo o peso da lei, filme de 1986], crítica musical para presentar un grupo descoñecido para moit@s, Le Green Notes; pasatempos; Viaxes na Miña Terra vai de visita a unha fábrica de carros en serie; artigos de opinión e a axenda cultural completan as 32 páxinas

Comentarios