Arde o sur do país

Os incendios no Barbanza e Baixo Miño deixan 500 persoas despexadas no polígono de Ribeira e máis de 2.000 hectáreas ardidas entre Oia, O Rosal e Tomiño

[Imaxe: Manuel Cores]
photo_camera [Imaxe: Manuel Cores]

A última hora da tarde de onte (27 de agosto) o lume prendido no concello de Oia estendíase aos concellos limítrofes do Rosal e Tomiño. Até o momento trátase do maior incendio e deixa tras de si máis de 2.000 hectáreas calcinadas. Ducias de veciñ@s foron despexadas das súas vivendas pola proximidade das lapas. Até o momento o lume permanece activo. 

Desde os servizos de emerxencias aseguran que o vento e as condicións climatolóxicas dificultaron enormemente os labores de extinción habida conta da velocidade de propagación do mesmo e das mudanzas na súa dirección por mor do vento. 

Doutra banda, arredor das 21.00 horas de onte iniciouse un incendio no concello de Ribeira. Arredor de 500 persoas tiveron que ser despexadas do polígono industrial onde estaban a traballar pola proximidade do lume e foi decretada a alerta 1. Segundo recollen diversas fontes, podería terse producido un outro foco no Grobe. 

Comentarios