Galiza, o país das 300.000 vivendas sen habitar

No noso país hai 1.606.000 vivendas, das cales case o 19% están sen habitar. A porcentaxe máis alta de todo o Estado.

vivendas baleiras

Na Galiza hai un total de 299.396 vivendas baleiras, segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representa o 18,6% do total das existentes no noso país e que son 1.606.001. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español.

Entre 2001 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas

Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en galiza en case un 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2011 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un medre do 22,3 por cento.

Ourense  encabeza a media do Estado español de vivendas sen habitar, cun 22,7% do total. Case unha de cada catro casas que existen na provincia. Nela hai 55.936 inmobles baleiros. Tamén Lugo está no alto desta táboa, co 20,2% das súas vivendas baleiras: 45.239 de 224.049.

Outro dato de interese que se extrae do censo oficial de vivendas é que das 1.606.001 existentes no noso territorio, 1.059.232 son vivenda principal, mentres que 246.852 son secundarias.

Comentarios