Museo de Pontevedra

Ángela Comesaña, X.M. Rey, César Mosquera e J. M. Castaño (Foto: Rafa Estévez).
CULTURA

Castelao centra o primeiro número da serie 'Esenciais'

Nacen uns monográficos que pretenden informar con rigor e de maneira "amábel" sobre os contidos que garda a institución. 
A mostra trata de reproducir a vida cotiá da burguesía pontevedresa da altura (Foto: Deputación de Pontevedra).
O Museo de Pontevedra reconstrúe a vida burguesa do Novecentos

A vida cotiá na Pontevedra 'fin de siècle'

O Museo de Pontevedra recrea a vida da burguesía galega no cambio do século XIX ao XX a través das reconstrución das vidas de Carmen Babiano Méndez-Núñez e as súas fillas María e Concha Mendoza, últimas moradoras do Palacete dos Mendoza, onde se reunían artistas e intelectuais. 
maruxa mallo
Artistas do século XX que deixaron pegada

O Museo de Pontevedra organiza un curso sobre mulleres creadoras

O Museo de Pontevedra organiza un curso sobre mulleres creadoras do século XX que repasa a traxectoria de artistas tan diferentes como Maruxa Mallo, Coco Chanel, Tamara de Lempicka, Dora Maar,
Raúl Rodríguez e Lourdes Olvés (Nós Diario).
CULTURA

Pontevedra acolle un concerto "cos gustos musicais" de Castelao

Interpretaranse obras nacionalistas e impresionistas.
Unha vista da exposición 'Castelao en Europa. A viaxe de 1921' no Museo de Pontevedra. (Foto: N
Exposición

A mirada de Castelao sobre Europa, no Museo de Pontevedra

O Diario 1921 de Castelao, escrito durante a súa viaxe por Europa, mostra un artista que participa do debate sobre a modernidade tentando que a Galiza non quede á marxe dos temas do seu tempo. O Museo de Pontevedra inaugurou onte unha exposición que recrea o itinerario físico e intelectual daquela viaxe. 
Estampa da serie Debuxos de Guerra, 1937, de Arturo Souto.
star
Reportaxes

Memorias da Galiza Mártir

Os ollos de Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo, fican quedos, acompañando o silencio do espazo interno. Fican quedos como a eterna promesa de quen puido ser, antes de que a negra sombra do totalitarismo e a inxustiza lle arrincase a vida. Os seus ollos gardan un berro, un canto pola reparación da memoria; pola restauración dos asasinados e represaliados; daqueles que tiveron que fuxir fóra do país ou dentro da súa alma. Os ollos de Camilo Díaz Baliño son os ollos da Galiza Mártir.
LA DANSERYE2
CULTURA

A música antiga vólvese interpretar nas ruínas do Santo Domingo en Pontevedra

O ciclo do Museo de Pontevedra desenvólvese no convento os días 2 e 9 de xullo coas formacións L'Unisoni e La Danserye, respectivamente.
Museo_de_Pontevedra
CULTURA

O Museo de Pontevedra rehabilita os edificios históricos

César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, anuncia que o Consello asesor do Museo de Pontevedra aprobou a rehabilitación dos edificios históricos a pesar de non contar coa axuda económica nin da Xunta nin do Estado español.
02_Nuria_Rodriguez_Figueiredo
CULTURA

O Museo de Pontevedra activa Novos Valores 2021

O Museo de Pontevedra abre o prazo de presentación de inscricións para participar no certame Novos Valores 2021. As solicitudes poden achegarse, de modo telemático, desde o  12 ao 30 de abril.
Castelao2 rafa estévez
Unha compra formalizada por 650.000 euros

O 'Álbum Nós' de Castelao xa é pertenza do Museo de Pontevedra

A sala de xuntas do Pazo provincial de Pontevedra foi o escenario no que esta cuarta feira se fixo pública a sinatura do acordo de compra do Álbum Nós entre a Deputación de Pontevedra, representando o Museo, e a familia Domínguez Lino.
castelao
A institución corrixe así a 'inxustiza histórica'

O sexto edificio do Museo de Pontevedra será o 'Castelao'

O Museo de Pontevedra e a Deputación anunciaron esta quinta feira, na voz do vicepresidente da Deputación César Mosquera, que lle darán o nome de Castelao ao seu sexto edificio. 
EuropaPress_3484415_np_compra_album_nos_castelao_museo_pontevedra
A compra dos orixinais apróbase na sexta feira

O Museo de Pontevedra adquire o 'Álbum Nós'

O Museo de Pontevedra fixo hoxe o anuncio de que vai formalizar nos próximos días a compra dos orixinais do Álbum Nós, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O comunicado realizárono a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey.
expolio nazi pontevedra
CULTURA

Localizan en Pontevedra 2 obras de arte espoliadas polos nazis en Polonia

Un díptico, integrado polos cadros dun Ecce Homo e unha Dolorosa, forma parte da colección do Museo de Pontevedra e tras saír de Varsovia en 1944 reapareceron en Madrid 30 anos despois. Serán devoltas ao Estado Polaco, por sensibilidade e seguindo os tratados internacionais.

elenaferro
Presencial e en liña

V Xornadas de Onomástica, os nomes comerciais

O Museo de Pontevedra acolle as V Xornadas de Onomástica da Real Academia Galega, o vindeiro 7 de novembro.
smg1909federicoRibas
CULTURA

Federico Ribas: Os trazos do terror

Seis ilustracións de Federico Ribas atopadas no Museo de Pontevedra outorgan unha nova dimensión ao legado artístico deste maxistral deseñador. Sermos Galiza achégase neste artigo ás circunstancias vitais do autor que, desde o exilio en Arxentina, elabora unha serie de estampas estarrecedoras, que beben do terror inspirado e recollido polos relatos que lle chegan do outro lado do océano, historias en imaxe da represión nesa distante Galiza. 
Ruínas de San Domingos, en Pontevedra.
CULTURA

San Domingos esperta o interese do público

O Museo de Pontevedra duplicou visitantes durante os meses de xullo e agosto.
LEOPOLDO  NOVOA negro dominante perforado  2010  130x195cm  4 2
CULTURA

Leopoldo Nóvoa, pintor da cinza e a luz

Mostra antolóxica no Museo de Pontevedra
"Inventio Mundi" é unha mostra que versa sobre Galiza nas viaxes transoceánicas.
Quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano

A historia das navegacións, a debate

Ao abeiro da exposición “Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII”, instalada no Museo de Pontevedra e comisariada por Ofelia Rey Castelao, continúa o ciclo de parladoiros nos que se tratan a importancia e relevancia que as navegacións tiveron na nosa Historia e na nosa Literatura. 

Luz Méndez, Víctor F. Freixanes e José Manuel Rey na presentación. Fonte Deputación de Pontevedra
LINGUA

Os nomes das rúas centran a IV Xornada de Onomástica Galega

A Real Academia Galega realizará o encontro o sábado 19 de outubro no Museo de Pontevedra.

albumnos
CULTURA

Os orixinais do Álbum Nós, cedidos ao Museo de Pontevedra

Desaparecidos desde os anos 30, as estampas orixinais do Álbum Nós non apareceron até o ano pasado, cando o equipo técnico do Museo de Pontevedra localizou os debuxos nunha colección particular e os amosou 80 anos despois na mostra 'Meu Pontevedra'. Agora os seus propietarios veñen de cedelos a esta institución durante cinco anos.