CULTURA

Federico Ribas: Os trazos do terror

Federico Ribas: Os trazos do terror

Seis ilustracións de Federico Ribas atopadas no Museo de Pontevedra outorgan unha nova dimensión ao legado artístico deste maxistral deseñador. Sermos Galiza achégase neste artigo ás circunstancias vitais do autor que, desde o exilio en Arxentina, elabora unha serie de estampas estarrecedoras, que beben do terror inspirado e recollido polos relatos que lle chegan do outro lado do océano, historias en imaxe da represión nesa distante Galiza. 
smg1909federicoRibas
photo_camera Imaxe da reportaxe sobre Federico Ribas. (Foto: Nós Diario)

O día 3 de outubro de 1936 Federico Ribas Montenegro (Bouzas, 1890—Madrid, 1952), de 45 anos de idade, abandona o porto de Vigo con rumbo a Bos Aires no vapor de 14.000 Tm Highland Monarch da compañía British Royal Mail, para enfrontarse ao destino dunha derrota asumida. Viaxa acompañado pola súa muller, a parisina Georgina-Clotilde Boussage. Federico era nesa al-tura un dos ilustradores publicitarios de maior recoñecemento no mundo do deseño gráfico no Estado español.

A súa carreira comezara sendo moi novo na capital arxentina, tivera continuación en París e, xa a partir de 1914, instalado en Madrid, consolida un status profesional de premios e mencións que o levan a ser considerado, xunto con Bartolozzi e Penagos, o grande ilustrador reclamado polas marcas de maior prestixio no mundo da moda e, fundamentalmente, dos produtos de cosmética da casa Gal, que o nomeará director artístico, destinados a unha clase social de elevado poder adquisitivo. 

O vencello con Bueu

Ribas vive coa súa compañeira entre Madrid e Bueu, vila da que se sente parte, non só por ra-zóns familiares, pois está emparentado coas familias conserveiras Massó, Barreras e Bolívar –el mesmo posúe orixes catalás relacionadas coa salga de peixe e o comercio marítimo–, senón ta-mén por manter vínculos de amizade con persoas do común e unha vizosa identificación coa pai-saxe e con determinados lugares aos que regresa incansábel unha e outra vez.

Os areais e rochedos, os sendeiros polos puntais costeiros, a daquela mínima contorna urbana dun Bueu tan mariñeiro como conserveiro... 

Ademais da reportaxe sobre os "Trazos do Terror" de Federico Ribas, escrita por Xaime Toxo, da que publicamos un extracto, no Sermos de hoxe coñecemos máis polo miúdo á poeta Rosalía Fernández Rial nunha entrevista de Amara Gándara. Tamén saberemos como “Facer país nunha botella” coa axuda de Lois Alcayde.

No apartado Andar e Ver Adela Leiro, Mon Daporte e Xan Colazo, do Colectivo Xea, amosan a ruta da “Devesa do Cervo e o Montouto”. 

Como cada sábado, no semanario atoparás tamén poderás atopar unha pequena selección cos libros, música, cinema, teatro, deseño e arquitectura da man de especialistas como Mario Regueira, Mauro Borrazás, Olga Brañas, Xulio Carballo, Andrés Castro, Pepe Barro e Lázaro Armental. Como sempre gozarás da sección de Pasatempos.

Recorda que podes ler todos estes contidos no Sermos Galiza que acompaña mañá a Nós Diario. Podes atopalo nos quiosques ou para a súa lectura na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón.


 

comentarios