Máis aló do 24 de maio
No ano político en curso, o vector máis incerto é decidir que vaia a suceder con Cataluña.
Cultura da Coruña convida á Festa das Letras Galegas do 17 de maio... en español
“Con el objetivo de potenciar y promover el uso del gallego en el juego...” así comeza o correo de envío masivo remitido pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña para convidar á veciñanza á Festa das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio.
5 de Maio, Día do Fariseísmo
O 5 de Maio debía instituírse como Día do Fariseísmo. Nesta data, no Parlamento de Galiza debateuse unha proposición do BNG que só pretendía dotar de rango de lei ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Un plan -que con todas as súas virtudes de defectos – constitúe un punto de encontro para avanzar fronte a desfeita do galego.
Galiza marcha no 1º de maio polos dereitos da clase traballadora
Centos de persoas percorreron as rúas das principais vilas e cidades do país contra as políticas neoliberais e en defensa do dereito a un traballo digno.
Un 1M para reivindicar dignidade
“Contra a pobreza, emprego e salarios dignos” é o lema da CIG dun Primeiro de Maio no que sacará doce manifestacións á rúa en cidades e vilas. CCOO e UGT teñen convocadas nove marchas para saír da crise sen perda de dereitos. CUT, CGT ou CNT tamén se manifestan en distintas cidades.
A CIG denuncia que o Concello de Lugo lle retirou 10 faixas do 1º de maio
A central sindical nacionalista asegura que, após pescudar, determinaron que foran operarios de Urbaser quen procederon á retirada do material por orde do goberno local.
Queremos Galego volve ás rúas o 17-M
Galego, garantía de futuro é o lema co que a plataforma Queremos Galego convoca á cidadanía a participar nas concentracións que se desenvolverán o vindeiro 17 de maio en vilas e cidades galegas.
Aparece o neto da presidenta de Avoas da Praza de Maio 36 anos despois
O nome do neto 114 atopado dos centos de nenos e nenas desaparecidos na ditadura arxentina era o do seu propio neto. As Avoas da Praza de Maio festexan a aparición do neto da súa presidenta, Estela de Carlotto.
Cadernos de março, abril e maio
Castelao inspirou-se no escudo dos Marinho para desenhar o da República galega, mas qualquer uma que veja o original, colocado na fachada da capela do São José do Rianjinho, advertirá uma diferença chamativa.
Festival poético para pechar maio no Morrazo
Literatura e música pechan maio na terceira edición do Festival Poético do Morrazo Letras Galegas 2014 que organiza a Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta. Marta Dacosta, Mª Carme Caramés, Tino Baz ou Mónica Camaño son algúns dos nomes do programa.