Axenda para o 13 de maio


BNG

11:30 h. Xavier Vence acode a Mondoñedo para protagonizar un acto reivindicativo en defensa de mellores infraestruturas. Será no alto do Fiouco, e estará acompañado por candidatas e candidatos do BNG da Mariña.

O mitin central da formación nacionalista será en Lugo, ás 20 horas, na praza Ángel Fernández Gómez, con Vence e Rubén Arroxo, número 1 da candidatura do BNG nesta cidade.

PSdeG

11.30. Paseo en Guitiriz do secretario xeral do PSOE galego, José Ramón Gómez Besteiro. Rúa do Mercado.

O mitin central do PSdeG será en Ferrol, ás 19.30 horas, no local social da asociación de veciños Pazos-Serantes.

PP

14.30. Feijóo, en Padrón, participa nunha comida mitin, no Hotel Scala. O presidente do PpdeG dará logo dous mitins: 20 horas en Sada (Casa da Cultura) e 21.30 horas en Pontedeume (Hotel Eumesa).

Compromiso por Galicia

O secretario xeral, Xoán Bascuas, intervirá nun mitin en Mazaricos ás 22 horas, no hotel Restaurante Casa Jurjo.

Mareas

O candidato da Marea Atlántica Xulio Ferreira protagonizará un mitin no CEIP Rosalía de Castro (Os Mallos) ás 20 horas.

Comentarios